Voluntaria nunha tenda de Mercadona durante a Gran Recollida de Alimentos

Mercadona e os seus clientes doan máis de 3,5 millóns de euros aos Bancos de Alimentos

27 de decembro de 2022
  • A cantidade doada transformarase de forma íntegra en máis de 2.300 toneladas de produtos de primeira necesidade, que seleccionarán os propios Bancos de Alimentos segundo as súas necesidades.
  • Froito da solidariedade e participación dos clientes na Gran Recollida de Alimentos 2022 organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).

Os clientes de Mercadona e a propia compañía doan máis de 3,5 millóns de euros aos Bancos de Alimentos que se transformarán de forma íntegra en máis de 2.300 toneladas de alimentos. Esta entrega é froito da solidariedade e participación dos clientes na Gran Recollida de Alimentos 2022 organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) do pasado 25 de novembro ao 6 de decembro e da doazón de máis do 10 % do total recadado que Mercadona suma a esta iniciativa solidaria, onde, no seu momento, a compañía puxo a disposición do proxecto un total de 1.623 tendas e realizou distintas actividades de coordinación e comunicación da campaña.

O diñeiro recadado, tanto o que doa a compañía como o que doaron os “Xefes” no momento de realizar a compra ao pasar pola caixa, transformarase de forma íntegra en produtos de primeira necesidade que irán destinados a cada un dos Bancos de Alimentos participantes, que decidirán exactamente o tipo de produto que necesitan, así como a cantidade  e o momento da entrega para atender mellor as necesidades dos usuarios finais aos que atenden.

Paula Llop, directora de Responsabilidade Social e Relacións Empresariais de Mercadona, valora de forma moi positiva a solidariedade dos clientes na campaña e fai un especial recoñecemento ao labor do voluntariado participante na Gran Recollida resaltándoo “como factor clave para o éxito e resultado da campaña”.

Pola súa parte, Pedro Llorca, presidente de FESBAL, puxo en valor o compromiso e esforzo de Mercadona na Gran Recollida, e agradeceu á compañía e aos seus clientes a súa solidariedade para recadar os máis de 3,5 millóns de euros cos que poderán abastecerse de produtos durante o próximo ano.                                                                   

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é compartir parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

A compañía colabora con máis de 500 comedores sociais, máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades que reciben diariamente doazóns para apoiar ás persoas que están nunha situación difícil. Así mesmo, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % do plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Voluntaria nunha tenda de Mercadona durante a Gran Recollida de AlimentosVoluntaria nunha tenda de Mercadona durante a Gran Recollida de Alimentos.

Liña de caixa nunha tenda de Mercadona durante a Gran Recollida de AlimentosLiña de caixa nunha tenda de Mercadona durante a Gran Recollida de Alimentos.