AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Posible Mercadona do futuro

Mercadona e Lanzadera buscan empresas innovadoras para impulsar o cambio sostible da cadea alimentaria

10 de septembro de 2019
  • O novo Programa Corporate dará soporte a proxectos empresariais que acheguen solucións en áreas como a redución e eliminación de plásticos, o aforro de enerxía, a xestión de residuos, os produtos saudables ou a distribución urbana.
  • Os emprendedores seleccionados contarán con apoio económico, asesoramento e formación de ambas as dúas entidades e dispoñerán das instalacións de Marina de Empresas.

Mercadona e Lanzadera impulsan o desenvolvemento de empresas capaces de contribuír ao desenvolvemento sostible da cadea alimentaria co fin de dar resposta á crecente demanda da sociedade en materia de coidado do medio ambiente e da sostibilidade. Ambas as dúas puxeron en marcha un Programa Corporate, dirixido a emprendedores innovadores nas seguintes 5 áreas: produtos saudables, aforro de enerxía, eliminación e redución de plásticos, modelo de distribución urbana e xestión de residuos.

Vídeo en español

O programa Corporate está concibido como complemento á estratexia de innovación de Mercadona dende áreas externas á propia compañía, co obxectivo de ofrecer solucións a grandes corporacións empresariais.

Con esta iniciativa, Lanzadera suma novas actuacións aos programas xa implantados en colaboración con grandes empresas de ámbitos moi diversos, que deron como resultado propostas que achegan innovación e progreso á sociedade e ao tecido empresarial español. 

Agora será Mercadona quen lidere este programa Corporate de Lanzadera, ao achegar os coñecementos propios do sector e a metodoloxía de xestión empresarial inherente á aceleradora. Ambas as dúas entidades potenciarán startups capaces de resolver os desafíos formulados, situando o beneficio ao cliente no foco de todas as decisións.

“Para Lanzadera é un orgullo poder apoiar a Mercadona no seu decidido compromiso coa innovación mediante o apoio a emprendedores capaces de resolver os retos que neste momento se propón a compañía”, sinala Javier Jiménez, director xeral de Lanzadera.

Segundo Nichan Bakkalian, responsable de Organización de Mercadona, “o Programa Corporate permitiranos acceder a persoas e ideas que queiran unirse a nós e actúen como dinamizadores do cambio para avanzar en sostibilidade. Imos traballar conxuntamente para afrontar estes cinco grandes retos e buscar propostas disruptivas e innovadoras que teñan un efecto transformador en áreas nas que a sociedade está demandando solucións. Dende Mercadona queremos crear este ámbito aberto para captar talento externo de persoas decididas a innovar, con propostas arriscadas e valentes. É unha grande oportunidade para todos”.

Un xurado, formado por expertos de Mercadona e Lanzadera, realizará o proceso de selección dos emprendedores, cuxas propostas deberán implantarse e materializarse ao longo do programa de aceleración, que se iniciará en xaneiro de 2020 e terá unha duración de ata 11 meses.

Durante esta fase, Mercadona poderá adquirir os produtos ou servizos que desenvolvese a startup e converterse así, no seu cliente. O programa Corporate é “equity-free”, o que supón que o emprendedor non deberá ceder ningunha porcentaxe da empresa pola súa participación.

Ao longo do proceso, as empresas seleccionadas contarán con apoio económico e con formación e acceso a mentores e profesionais de ambas as dúas  organizacións. Tamén terán o apoio dos especialistas e dos centros corporativos de Mercadona para poder validar os avances conseguidos. Ademais, poderán coñecer e aplicar o modelo de xestión empresarial de Calidade Total.

Os emprendedores terán á súa disposición as instalacións de Marina de Empresas, para desenvolver as súas propostas e estar en contacto con outras startups nunha atmosfera de traballo enriquecedora.

O período de inscrición para o programa Corporate con Mercadona xa está aberto e finalizará o próximo 4 de novembro. Os emprendedores poden presentar a súa solicitude a través da web de Lanzadera, sexa cal sexa o grao de madurez das súas propostas: desde as ideas que necesiten ser desenvolvidas ata as que xa se encontren aplicadas en empresas.

Sobre Mercadona

Mercadona é unha empresa de supermercados físicos e de venda en liña con presenza en España e Portugal. Cun cadro de persoal de 87.000 persoas, 900 delas en Portugal, en 2018 alcanzou unhas vendas de 24.305 millóns de euros tras rexistrar un incremento dun 6% respecto ao exercicio anterior. A compañía, que en 2018 realizou un investimento récord por valor de 1.504 millóns, alcanzou un beneficio neto de 593 millóns de euros e, ademais, dentro da súa política de crecemento compartido, repartiu un total de 325 millóns de euros entre o seu cadro de persoal en concepto de prima por obxectivos.

Esta iniciativa enmárcase no compromiso que Mercadona mantén coa sociedade: compartir con ela a riqueza que xera. Co devandito obxectivo  desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Parte importante do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental, enfocada, entre outros aspectos, á optimización loxística e xestión da distribución urbana,  á eficiencia e ao aforro enerxético, á redución de plásticos e residuos e ao impulso da alimentación saudable.

Sobre Marina de Empresas e Lanzadera

A incubadora e aceleradora de startups Lanzadera forma parte, xunto con EDEM Escuela de Empresarios e a sociedade de investimento Angels, do polo de emprendemento Marina de Empresas. Trátase dunha iniciativa de Juan Roig, situada na Marina de València, que ten a misión de formar, asesorar e financiar os emprendedores de hoxe e do futuro e que constitúe unha aposta pola creación de riqueza, o emprego e o fomento da cultura do emprendemento.

Lanzadera ofrece diferentes programas en función da tipoloxía e da madurez das empresas e dos proxectos. Ademais, conta con acordos Corporate con outras 8 grandes compañías de proxección internacional e de diversos sectores nos que se lles brinda aos emprendedores a posibilidade de resolver novos retos de innovación que estas se propoñen. Para formar parte dos programas, os emprendedores poden enviar o seu proxecto a www.lanzadera.es.

Para máis información accede á web do programa Corporate.

Nichan Bakkalian, responsable de Organización de Mercadona xunto a Javier Jiménez Marco, director xeral de Lanzadera, nas instalacións de Marina de EmpresasNichan Bakkalian, responsable de Organización de Mercadona xunto a Javier Jiménez Marco, director xeral de Lanzadera, nas instalacións de Marina de Empresas.

Javier Jiménez Marco, director xeral de Lanzadera, e Nichan Bakkalian, responsable de Organización de Mercadona, durante a sinatura do convenio do novo Programa CorporateJavier Jiménez Marco, director xeral de Lanzadera, e Nichan Bakkalian, responsable de Organización de Mercadona, durante a sinatura do convenio do novo Programa Corporate.