Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Bolsa de papel de Mercadona na liña de caixas

Mercadona e Cruz Roja Española en Málaga asinan un convenio de colaboración

27 de maio de 2019
  • Mercadona apoia o labor de Cruz Roja de Málaga con doazóns en especie para destinalas ás familias máis vulnerables.

Mercadona e Cruz Roja Española en Málaga asinaron un convenio de colaboración segundo o que a empresa se compromete a colaborar coa atención que Cruz Roja leva a cabo con persoas en risco de exclusión social a través de doazóns en especie. Ratificárono o director de Relacións Externas de Mercadona en Málaga, Francisco Javier Rodríguez; e o presidente provincial de Cruz Roja Española en Málaga, Luis Utrilla.

O apoio de Mercadona servirá para o reforzo do programa de Intervención Social de Cruz Roja Española en Málaga, dende o que se prestou axuda en 2018 a máis de 38.000 persoas na provincia con 296.000 intervencións.

A través deste programa, Cruz Roja ten en conta as consideracións humanitarias cara ás persoas máis vulnerables e traballa cun enfoque centrado en favorecer a súa activación e integración. O voluntariado desta organización tende a man para que familias en dificultade poidan ter cubertas necesidades básicas; ofrecen apoio para asumir facturas de subministracións ou con entregas de alimentos, axudas de hixiene e vestiario, material escolar…

O acordo entre Mercadona e Cruz Roja Española en Málaga tamén contempla vías de colaboración en situacións de emerxencia ou catástrofe natural, a través de doazóns en especie que se concretarán segundo as necesidades.

Compromiso social: colaboración con 5 comedores sociais e co Banco de Alimentos de Málaga

Mercadona, dentro do seu Plan de Responsabilidade Social e co fin de contribuír ao desenvolvemento e progreso sostible da sociedade da que forma parte, doou en 2018, por medio de diferentes iniciativas, 219 toneladas de alimentos de primeira necesidade en Málaga. Destaca a colaboración con entidades como o Banco de Alimentos de Málaga, a través da doazón de produtos e a súa participación en 'Operacións Quilo' como a 'Gran Recollida' do pasado mes de decembro, á que se sumaron 70 tendas da cadea na provincia.

Mercadona tamén colabora con cinco comedores sociais na provincia de Málaga con entrega diaria de alimentos. A esta acción social uniuse o pasado mes de agosto o comedor de EMAÚS en Vélez-Málaga, que engrosa a lista de colaboracións diarias xunto co Comedor Social Santo Domingo, a Fundación Casa del Sagrado Corazón (Cottolengo), os dous en Málaga capital, e os comedores Emaús Obra de Amor de Estepona e Casa de Asís en Antequera.

Doazóns de alimentos de Mercadona en España

Mediante o seu plan de acción social, Mercadona ten o compromiso de devolverlle á sociedade parte do que recibe dela, por iso apoia e colabora con diversas institucións e entidades sociais que axudan a moitas persoas en España.

En 2018, a través de distintas iniciativas, a compañía doou 8.300 toneladas de produtos a bancos de alimentos, comedores sociais e outras entidades benéficas, o equivalente a 140.000 carros da compra.

Consulta con que entidades sociais colabora Mercadona en cada Comunidade ou Cidade Autónoma de España.