Logo de Mercadona memoria 2019

Mercadona é a segunda empresa máis comprometida socialmente na xestión da crise sanitaria do coronavirus segundo Merco

20 de maio de 2020
  • Máis de 2.200 persoas, entre cidadáns, analistas financeiros, representantes de ONG, asociacións de consumidores, periodistas e cidadáns, entre outros, participaron na elaboración deste monitor empresarial de carácter extraordinario.
  • Para esta clasificación avaliáronse as accións das empresas en materia de reputación e imaxe corporativa.

Mercadona obtén a segunda mellor valoración na “Clasificación de compromiso/responsabilidade social das empresas durante a pandemia”, por detrás de Inditex, elaborada de maneira extraordinaria polo Monitor Español de Reputación Corporativa (MERCO). Este estudo recoñece ás empresas que realizaron unha xestión máis responsable en España durante a actual crise producida pola Covid-19.

Os resultados da clasificación obtivéronse a través da participación de máis de 2.200 persoas pertencentes a varios ámbitos: analistas financeiros, periodistas, representantes de ONG, membros de sindicatos, asociacións de consumidores, catedráticos da área da empresa, social media managers e cidadáns. Estes perfiles valoraron as accións das empresas en materia de reputación e imaxe corporativa.

A compañía, fiel ao seu modelo de empresa, está moi orgullosa dos resultados, ao tratarse dun recoñecemento por parte da sociedade ao gran traballo realizado por parte de toda a compañía para facer fronte a esta situación excepcional e seguir sendo unha empresa “que a sociedade queira que exista e sinta orgullo dela”. O modelo de xestión da compañía ten por obxectivo conseguir o crecemento compartido a través da satisfacción dos cinco compoñentes da empresa: “O Xefe” (como internamente chama ao cliente), o Traballador, o Provedor, a Sociedade e o Capital.

Monitor Empresarial de Reputación Corporativa (MERCO)

MERCO é un dos principais monitores de Reputación Corporativa de España e Latinoamérica, que se encarga de avaliar a reputación das empresas dende 1999. Esta organización non recibe subvención ou patrocinio nin público nin privado, e a súa única fonte de financiamento é a comercialización de informes.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará