Logo Mercadona no exterior da tenda

Mercadona é a primeira empresa do sector e a segunda a nivel nacional con mellor reputación na clasificación MERCO 2019

23 de maio de 2019
  • O presidente de Mercadona, Juan Roig, ocupa a primeira posición na “Clasificación Xeral de Líderes 2019”.
  • Máis de 47.000 persoas premian, por oitavo ano consecutivo, a reputación da compañía.
  • Cidadáns, consumidores, sindicatos, ONG, influentes e directivos participan na avaliación.

Mercadona consolídase como a 1ª empresa do sector da Distribución Xeneralista en España e a 2ª empresa con mellor reputación en España na “Clasificación Xeral de Empresas 2019” do Monitor Español de Reputación Corporativa (MERCO).

Por outro lado, o presidente da compañía, Juan Roig, sitúase como líder con mellor reputación en España e recupera a 1ª posición na “Clasificación Xeral de Líderes 2019” do mesmo monitor, despois de que na pasada edición quedara en 2º lugar .

Os resultados de ambos os estudos obtéñense coas valoracións de máis de 47.000 participantes de varias áreas: directivos de empresas, catedráticos, analistas financeiros, asociacións de consumidores, cidadáns, representantes de ONG, sindicatos, periodistas e influentes; entre outros.

A compañía, fiel ao seu modelo de Calidade Total, está moi orgullosa dos resultados, ao tratarse dun recoñecemento por parte da sociedade  daqueles lugares onde está presente. O modelo de xestión da compañía ten por obxectivo conseguir o crecemento compartido a través da satisfacción dos cinco compoñentes da empresa: "O Xefe” (como internamente denominamos o cliente), o Traballador, o Provedor, a Sociedade e o Capital.

Monitor Empresarial de Reputación Corporativa (MERCO)

MERCO é un dos principais monitores de Reputación Corporativa de España e Latinoamérica, e este ano publica a súa 19ª edición. Trátase dun monitor de rigorosa metodoloxía que está verificado independentemente pola auditora KPMG. Esta organización non recibe subvención nin patrocinio, nin público nin privado, e a súa única fonte de financiamento é a comercialización de informes.

As principais áreas avaliadas foron a calidade dos seus produtos e servizos, a reputación interna e o clima laboral, os resultados económico-financeiros, a ética, a responsabilidade social e medioambiental das empresas; entre outros.