Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Logo de Mercadona nas portas da entrada dun supermercado

Mercadona é a primeira empresa do sector e a segunda a nivel nacional con mellor reputación de MERCO 2018

11 de maio de 2018
  • Cidadáns, consumidores, sindicatos, ONG, influíntes e directivos, participan na avaliación.
  • En total, máis de 38.000 persoas volven premiar, por sexto ano consecutivo, a reputación da compañía.
  • O presidente de Mercadona, Juan Roig, ocupa a segunda posición na “Clasificación Xeral de Líderes 2018”.

Mercadona consolídase como a 1.ª empresa do sector da Distribución Xeneralista en España e a 2.ª empresa con mellor reputación en España na “Clasificación Xeral de Empresas 2018” do Monitor Español de Reputación Corporativa (MERCO).

Por outro lado, Juan Roig, presidente da compañía, consolídase como un dos líderes con mellor reputación en España, coa 2.ª posición da “Clasificación Xeral de Líderes 2018” do mesmo monitor.

Os resultados obtéñense coas votacións de máis de 38.000 participantes de todas as áreas: asociacións de consumidores, directivos, representantes de ONG, catedráticos, cidadáns, sindicatos e xornalistas; entre outros.

A compañía, fiel ao seu modelo de Calidade Total, está moi orgullosa dos resultados, ao ser un recoñecemento da sociedade onde está presente. O modelo de xestión que emprega a compañía basea todas as súas decisións en que se primeiro satisfás “O Xefe” (como internamente denominados o cliente), logo chegan as vendas; con elas, os beneficios; e a partir de aí, o crecemento compartido.

Monitor Empresarial de Reputación Corporativa (MERCO)

MERCO é un dos principais monitores de Reputación Corporativa de España e Latinoamérica e este ano publica a súa 18.ª edición. Esta organización non recibe subvención ou patrocinio nin público nin privado, e a súa única fonte de financiamento é a comercialización de informes. Trátase dun monitor de rigorosa metodoloxía que está verificado pola auditora KPMG.

As principais áreas avaliadas foron a responsabilidade social e medioambiental das empresas, a calidade dos seus produtos e servizos, os resultados económico-financeiros, a reputación interna e o clima laboral; entre outros.