- Hoxe colocouse unha placa neste supermercado, recoñecendo o traballo da Fundación. Trátase de tres xardíns verticais, que suman 85 metros cadrados, con máis de 25 especies diferentes de plantas.
- Mercadona colabora coa Fundación Capacis desde 2016, construíndo xardíns verticais e contribuíndo tamén ao mantemento dos mesmos, así como dos outros axardinamentos que Mercadona ten repartidos pola Comunidade de Madrid.
A colaboración que Mercadona e a Fundación Capacis, dedicada á inserción social e laboral de persoas con discapacidade intelectual, manteñen desde 2016 permitiu a construción de tres xardíns verticais na tenda que a compañía ten na r/ Estocolmo, 22-24 en Madrid. Unha colaboración que se enmarca na aposta de Mercadona por unha maior integración na contorna e constitúe un exemplo das actividades que realiza a compañía con asociacións e fundacións con fins sociais.
A Fundación Capacis colaborou na construción de tres xardíns verticais no supermercado da rúa Estocolmo, que se sitúan nos laterais da tenda e na fachada xunto á entrada do aparcamento e que supoñen unha superficie total de 85 metros cadrados. Na súa realización participaron mozos con intelixencia límite desta Fundación, baixo a dirección técnica e o asesoramento do Grupo Sylvestris.
Con este motivo, hoxe colocouse unha placa no supermercado, na que se recoñece a colaboración coa Fundación, nun acto ao que asistiron as fundadoras da Fundación Capacis, Silvia Sombría e Fátima de Dolarea, ademais dalgúns dos mozos que participaron na súa construción. O acto contou tamén coa presencia do xerente do Grupo Sylvestris, Enrique Enciso, e responsables de Mercadona.
Desde a Fundación, Silvia Sombría, asegura que "o proxecto na tenda da rúa Estocolmo supón un paso máis na colaboración que a Fundación mantén coa empresa Mercadona. Para nós é unha enorme satisfacción colaborar cunha gran compañía, demostrando así que a integración social é posible se as empresas se implican nos proxectos".
Un proxecto que o director de Relacións Externas de Mercadona en Madrid, José Antonio Rueda, considera que "é un exemplo da nosa relación con entidades con fins sociais, como é o caso da Fundación Capacis, coa que ademais colaboramos habitualmente para o mantemento das zonas axardinadas e cubertas "verdes" dalgúns dos nosos centros. Mediante a colaboración coa Fundación Capacis devolvemos á Sociedade un pouco do moito que recibimos dela".
Mercadona leva desde o ano 2016 colaborando coa Fundación Capacis. O primeiro proxecto que se realizou de maneira conxunta foi un xardín vertical de 50 metros cadrados, situado no supermercado que se atopa na rúa Asura de Madrid. Desde entón, e sempre co asesoramento e a dirección do Grupo Sylvestris, a colaboración foi continua. Nestes momentos, a Fundación Capacis participou na execución de 5 xardíns verticais, repartidos en 2 supermercados da compañía e colabora no mantemento do axardinamento de 8 centros de Mercadona.
Placa en honor dos usuarios da Fundación Capacis polo seu traballo nos xardíns verticais.
Usuarios da Fundación Capacis na tenda da rúa Estocolmo (Madrid).
Imaxe de cabeceira: Representantes de Mercadona e a Fundación Capacis na tenda da rúa Estocolmo (Madrid).