Entrada Mercadona

Mercadona duplica as vendas do bicarbonato de sodio

08 de abril de 2020
  • O Provedor Totaler Jesús Navarro reforza a produción deste produto elaborado na súa fábrica de Novelda (Alacant).
  • A compañía pasa de vender 8 unidades por tenda ao día, a vender 16 unidades por tenda ao día.
  • A venda deste produto, dispoñible en toda a cadea, incrementouse durante estes días porque un dos seus múltiples usos é a limpeza e desinfección de froita, verdura e roupa.
  • Mercadona garante o abastecemento e a subministración de todas as súas tendas cos produtos necesarios para que os seus clientes poidan confeccionar a súa compra habitual durante a excepcional situación ocasionada polo Covid-19.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, dobra a venda do bicarbonato de sodio e pasa de vender 8 unidades por tenda ao día, a vender 16 unidades por tenda ao día durante estas últimas semanas. O principal motivo deste incremento débese a que entre os seus múltiples usos está o da limpeza e desinfección de froita, verdura e roupa, así como para a repostería ou o coidado e a hixiene persoal.

Jesús Navarro, Provedor Totaler encargado de elaborar este produto baixo a marca Hacendado, reforzou a produción na súa fábrica de Novelda (Alacant), para garantir a subministración deste produto nas máis de 1.600 tendas que a compañía ten repartidas por España e Portugal.

O bicarbonato de sodio é un composto sólido cristalino de cor branca soluble en auga, que se comercializa en Mercadona dende hai máis de quince anos, e véndese en dous formatos distintos para adaptarse ás necesidades do “Xefe”, que é como internamente a compañía chama ao seus clientes. Por un lado, está o bote de 300 gramos por 0,69 €/unidade, e por outro lado a bolsa de 1 quilo por 1,19 €/unidade.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará

Lineal de Mercadona onde se vende o bicarbonato de sodioLineal de Mercadona onde se vende o bicarbonato de sodio.

Produto bicarbonato de sodio de MercadonaBicarbonato de sodio, formato bolsa 1 quilo e formato bote de 300 gramos.