David Abellán, empregado de Cáritas e Ester Coll, de Mercadona

Mercadona doa dúas toneladas de produtos de primeira necesidade a Cáritas Diocesana de Eivissa

24 de novembro de 2021
  • Reforza a súa colaboración coa organización benéfica entregando alimentos como pasta, arroz, galletas, cueiros, cepillos e produtos de hixiene persoal como pasta de dentes ou máquinas de afeitar.
  • Xa son seis as toneladas que recibiu Cáritas da compañía de supermercados no que vai de ano.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, doou hoxe dúas toneladas de produtos de primeira necesidade a Cáritas Diocesana de Eivissa froito do firme compromiso da cadea de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, un labor que reforzou como consecuencia da crise sanitaria e económica.

Deste xeito a organización benéfica, coa que Mercadona colabora dende 2012, recibiu hoxe alimentos como pasta, arroz, galletas ou cacao e produtos de hixiene persoal como cepillos e pasta de dentes, espuma e máquinas de afeitar, cueiros, compresas ou xel de baño. Uns produtos seleccionados en función das necesidades concretas que detectou Cáritas en Eivissa. Con esta entrega son xa seis as toneladas que recibiu a organización durante o ano na illa.

O coordinador de Cáritas en Eivissa, Gustavo Gómez, destacou: “A continuidade do convenio con Mercadona, que ademais supón un aumento nos produtos doados para paliar as necesidades xurdidas nos últimos meses, permítenos seguir desenvolvendo o programa de repartición de alimentos e reforzar máis se cabe a vinculación entre as dúas entidades cun obxectivo común”.

Pola súa parte, a directora de Relacións Externas e Cadea Agroalimentaria de Mercadona en Illes Balears, Ester Coll, declarou: “Sentímonos moi satisfeitos de poder achegar un pequeno granciño de area ao gran labor que fai Cáritas. Agradecemos enormemente á entidade o seu traballo e dedicación altruísta, claves para a sociedade eivisenca”.

Doazóns de Mercadona nas Illes Balears

Mercadona mantén un compromiso social cos veciños e veciñas das zonas nas que ten presenza e actividade e, nese sentido, doou no que vai de ano 265 toneladas de produtos de primeira necesidade a entidades benéficas e comedores sociais das Illes Balears.

En Eivissa, a compañía colabora con Cáritas Diocesana de Eivissa e Formentera e cos comedores sociais de Vila, Santa Eulària des Riu e Sant Antoni de Portmany que xestiona a mesma entidade.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

David Abellán, empregado de Cáritas e Ester Coll, de MercadonaDavid Abellán, empregado de Cáritas e Ester Coll, de Mercadona.