Entrega da doazón ao Banco de Alimentos de Cuenca

Mercadona doa 2,5 toneladas de alimentos ao Banco de Alimentos de Cuenca

23 de decembro de 2021
  • A compañía afianza a súa colaboración co Banco de Alimentos de Cuenca, entregando case 2.500 quilos de alimentos de primeira necesidade como legumes e aceite.
  • Mercadona doou na rexión o equivalente a máis de 8.300 carros da compra, duplicando o doado no ano anterior.
  • Mercadona apoia e colabora habitualmente con 12 comedores sociais de Castilla-La Mancha, ademais de entidades como o Banco de Alimentos, Cáritas ou a Cruz Vermella.
  • En 2020 a compañía doou máis de 500 toneladas de alimentos de primeira necesidade tan só en Castilla-La Mancha.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Neste sentido, a compañía, que xa doou durante 2020 máis de 500 toneladas de produtos de primeira necesidade a diferentes entidades sociais da rexión, fixo entrega ao Banco de Alimentos de Cuenca de case 2,5 toneladas de alimentos de primeira necesidade para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo.

Iván Díaz, director de Relacións Externas de Mercadona na provincia de Cuenca, destaca: “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais de Castilla-La Mancha, onde doou 503 toneladas de alimentos en 2020. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo”.

Por outro lado, Antonio Villaseñor, presidente do Banco de Alimentos de Cuenca, agradece o labor da compañía “pola xenerosidade e o compromiso que demostra cos súas doazóns de alimentos, permitindo que nestes momentos tan difíciles poidamos seguir axudando aos máis necesitados da provincia”.

Mercadona duplicou en 2020 as súas doazóns de produto respecto ao ano anterior, o equivalente a 8.300 carros da compra, a través da colaboración con máis de 12 comedores sociais, ademais das diferentes sedes do Banco de Alimentos, a Cruz Vermella ou Cáritas da rexión onde a compañía está presente.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Entrega da doazón ao Banco de Alimentos de CuencaEntrega da doazón ao Banco de Alimentos de Cuenca.