Doazón de alimentos nunha tenda Mercadona

Mercadona doará diariamente produtos ao comedor social “Comedor y Hogar Casa de María y José” de Alcorcón (Madrid)

06 de septembro de 2018
  • Mercadona comprometeuse a doar diariamente produtos en perfecto estado a este comedor dende un dos seus centros de Alcorcón.
  • A compañía tamén doou 520 toneladas de alimentos de primeira necesidade ao longo de 2017 a diversos comedores e entidades sociais da Comunidade de Madrid.

Mercadona iniciou a súa colaboración co comedor social "Comedor y Hogar Casa de María y José” de Alcorcón a través da entrega diaria de produtos aptos para o consumo pero non para a venda dende un dos seus centros da localidade. A doazón realízase á primeira hora da mañá, grazas aos recursos loxísticos que tamén achega Mercadona.

O xerente de Relacións Externas de Mercadona, Iván Díaz, asegurou que a empresa "se sente moi satisfeita coa colaboración con este comedor social e orgullosos de poder achegar alimentos aos que máis o necesitan".

Pola súa parte, o alcalde, David Pérez destacou “a importancia de iniciativas solidarias coma esta, que corresponsabilizan a sociedade na busca de solucións para as persoas más excluídas da nosa sociedade. Ademais apoian procesos de inclusión que, tendo o seu eixe fundamental nos Servizos Sociais, necesariamente deben contar co traballo e coa achega do Terceiro Sector e dos axentes económicos, como neste caso o "Comedor y Hogar Casa de María y José” e Mercadona”.

Representantes do "Comedor y Hogar Casa de María y José" mostráronse moi agradecidos e satisfeitos con esta colaboración. “Grazas a este compromiso de Mercadona beneficiaranse moitas persoas que acoden a este centro, axudándolles no seu proceso de inclusión social”.

Dentro das accións de compromiso social, Mercadona colabora dende hai anos con distintas institucións e organizacións benéficas de toda España como Bancos de Alimentos, Cáritas Diocesana, Cruz Vermella e máis de 140 comedores sociais. En 2017 Mercadona doou 9.600 toneladas a estas institucións.