Edificio fachada supermercado Mercadona

Mercadona doa máis de 260 toneladas de alimentos a comedores sociais de Málaga en 2020

23 de decembro de 2020
  • A compañía afianza a súa colaboración cos comedores sociais de EMAÚS en Estepona, Vélez-Málaga e Torremolinos, a Casa de Asís en Antequera, así como cos comedores de Málaga capital, Sto. Domingo, Yo soy Tú e Cottolengo.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19, afianzando a súa colaboración cos comedores sociais de EMAÚS nos municipios de Estepona, Vélez-Málaga e Torremolinos, a Casa de Asís en Antequera, así como co Comedor Social de Sto. Domingo, Yo soy Tú e o Cottolengo en Málaga capital, doando más de 260 toneladas de produtos de primeira necesidade durante o ano 2020.

Paco Rodríguez, director de Relacións Externas de Mercadona en Málaga, destaca que “a compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos comedores sociais da provincia de Málaga aos que, neste ano, doamos máis 260 toneladas de produtos de primeira necesidade. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nesta situación de extraordinaria complexidade”.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, como parte do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o seu Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas sostibles de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte deste plan, Mercadona colabora con máis de 280 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal aos que doa diariamente alimentos, e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano, a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 15.874 toneladas de alimentos, 14.869 en España e 1.005 en Portugal, cantidades que se foron incrementando dende que a compañía tomou a decisión de reforzar as doazóns aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da Economía Circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico. Nese sentido, destaca que Mercadona, xunto aos seus Provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo deste. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Logo EActiVate