Entrega de cueiros de Mercadona á Fundación Madrina en Madrid

Mercadona doa máis de 15.000 cueiros á Fundación Madrina

13 de abril de 2021
  • A compañía afianza a súa colaboración coa Fundación Madrina entregando un produto de primeira necesidade como son os cueiros.
  • Mercadona doou na rexión o equivalente a 14.500 carros da compra, un 115 % máis que no ano anterior.
  • Mercadona apoia e colabora con 21 comedores sociais da Comunidade e ademais co Banco de Alimentos e outras entidades sociais da rexión como Cáritas ou a Cruz Vermella.
  • En 2020 a compañía doou un total de 870 toneladas de alimentos de primeira necesidade tan só na Comunidade de Madrid.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Neste sentido, a compañía, que xa doou durante 2020 máis de 870 toneladas de produtos de primeira necesidade a diferentes entidades sociais da rexión, fíxolle entrega á Fundación Madrina de máis de 15.000 cueiros para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas, nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo. 

José Antonio Rueda, director de Relacións Externas de Mercadona en Madrid, destaca que: “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais da Comunidade de Madrid, onde doou 870 toneladas de alimentos en 2020. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo”.

Por outro lado, Conrado Giménez, Presidente da Fundación Madrina, comenta: “Na Fundación Madrina pasamos de atender 400 familias ao mes a atender máis de 2.000 persoas ao día nas colas do Banco do Bebé, repartimos máis de 2.500 menús quentes, brindamos atención a máis de 500 mulleres embarazadas en risco de exclusión social e un longo etcétera durante esta época tan dura. Isto non sería nunca posible sen axudas como as de Mercadona hoxe e sen as doazóns privadas tanto de empresas como de particulares. Dende a Fundación Madrina queremos darlle a Mercadona o noso máis sincero agradecemento e invitar ao resto de empresas e particulares a #axudarnosaaxudar. Isto non acabou, só empezou dunha forma dura e arrepiante que deixou miles de persoas sen traballo, ou sumidas en ERTES que non teñen fin ou fóra de calquera axuda social. Grazas a Mercadona por #axudarnosa axudar”.

Mercadona doou en 2020 un 115 % máis de produto respecto ao ano anterior, o equivalente a 14.500 carros da compra, a través da colaboración con máis de 17 comedores sociais, ademais de Bancos de Alimentos, Cruz Vermella ou Cáritas de toda a rexión onde a compañía está presente.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus Provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Entrega de cueiros de Mercadona á Fundación Madrina en MadridDurante a entrega de cueiros de Mercadona á Fundación Madrina en Madrid.

Logo EActiVate