Fachada supermercado Mercadona

Mercadona doa máis de 137 toneladas de alimentos en 2020 en Castelló, un 200 % máis que en 2019

09 de febreiro de 2021
  • Mercadona colabora de forma habitual co Comedor Municipal e Albergue de Transeúntes de Castelló e co Banco de Alimentos da provincia .
  • A compañía destina tanto alimentos de primeira necesidade como lácteos, pasta, carne, froitas, verduras, arroz e legumes, como produtos hixiénicos e de coidado infantil.
  • A compañía colaborou na Gran Recollida de Alimentos organizada polo Banco de Alimentos de Castelló, onde se conseguiu recadar, grazas á solidariedade dos seus “Xefes”, máis de 40 toneladas de alimentos.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, doou máis de 137 toneladas de alimentos de primeira necesidade en 2020 a entidades benéficas da provincia de Castelló, como, entre outros, ao Comedor Municipal e Albergue de Transeúntes de Castelló ou ao Banco de Alimentos da provincia, cos que colabora de forma habitual.

Esta cantidade significa un aumento de máis do 200 % das achegas de alimentos e outros produtos de primeira necesidade respecto ao ano anterior, como consecuencia da situación excepcional que se está vivindo. Entre os principais produtos doados encóntranse lácteos, pasta, carne, froitas, verduras, arroz, legumes, complementos hixiénicos e de coidado infantil.

Ademais, grazas á solidariedade dos “Xefes”, como internamente a compañía chama aos clientes, conseguíronse recadar máis de 40 toneladas de produtos para a Gran Recollida de Alimentos organizada no pasado mes de novembro polo Banco de Alimentos.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é compartir parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 290 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de toda España e Portugal, aos que doa diariamente e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan. De feito, en 2020 a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 17.000 toneladas de alimentos, 15.800 en España e 1.200 en Portugal, cantidades que se foron incrementado dende que a compañía tomou a decisión de reforzar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que viña colaborando habitualmente.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico. Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Pensando na mobilidade sostible do “Xefe” (cliente), a empresa dispón xa de 1.350 prazas de aparcadoiro con puntos de recarga para vehículos eléctricos situadas nos aparcadoiros de máis de 500 tendas. Mercadona comezou a instalar puntos de recarga para vehículos eléctricos en 2017, coa implantación do Novo Modelo de Tenda Eficiente e prevé seguir aumentando esta cifra ao longo de 2021.

Dende o ano 2011 é socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Logo EActiVate