Mercadona doa alimentós.

Mercadona doa máis de 12.000 litros de leite ao Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona

01 de septembro de 2017
  • A nivel de Cataluña, a compañía entrega 90.000 litros de leite enteiro Hacendado aos catro Bancos de Alimentos.
  • No que vai de ano, Mercadona ten doado 400.000 quilos de alimentos e doutros produtos de primeira necesidade a diversas institucións e organizacións benéficas das comarcas tarraconenses.

A compañía de supermercados Mercadona fixo efectiva hoxe a doazón de 12.096 litros (28 medias paletes) de leite enteiro da marca propia Hacendado ao Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona en cumprimento do convenio de colaboración asinado por ambas as partes. Esta doazón súmase á efectuada aos Bancos de Alimentos das comarcas de Xirona e Lleida, e continuará nos próximos días co reparto ao Banco de Alimentos de Barcelona até completar os 90.000 litros de leite doados este ano.

A relación entre Mercadona e a Fundación Bancos de Alimentos de Cataluña, que engloba os catro Bancos de Alimentos, comezou no ano 2010 coincidindo coa campaña de recollida de alimentos básicos en supermercados e mercados. A relación iniciada hai oito anos entre a cadea de distribución e a entidade benéfica enmárcase desde dúas vertentes: por un lado, pór as tendas de Mercadona á disposición dos Bancos de Alimentos nas edicións que organizan para recadar alimentos, e, polo outro lado, realizar unha doazón de produtos de primeira necesidade para que os Bancos de Alimentos os poidan distribuír entre as persoas necesitadas a través de entidades benéficas.

Durante o acto de entrega, o presidente do Banco de Alimentos de Tarragona, Eusebio Alonso, expresou "o seu máis sincero agradecemento a Mercadona pola sensibilidade que ten demostrado e demostra no seu compromiso de axudar os máis necesitados", e engadiu que "representa un exemplo de solidariedade ao destinar unha parte dos seus beneficios en forma de alimentos para aquelas persoas que máis o precisan. Sempre que temos chamado á súa porta atendéronnos con xenerosidade. Este é un exemplo que, afortunadamente en toda España, se está a expandir a outras institucións".

Neste sentido, o responsable de Relacións Externas de Mercadona en Tarragona, Joan Gili, remarcou "o importante labor" que leva a cabo o Banco de Alimentos "ao recoller e repartir os alimentos entre os máis necesitados" e manifestou que esta nova doazón de 12.096 litros de leite que fai a compañía "é a nosa pequena contribución para axudar as persoas máis necesitadas da nosa contorna".

Para alén da colaboración co Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona, Mercadona tamén doa acotío (de luns a sábado) produtos a varios comedores sociais das comarcas tarraconenses.

A colaboración con diversas entidades sociais e organizacións benéficas nas comarcas tarraconenses tense traducido, no que vai de ano, na doazón de 400.000 quilos de alimentos e outros produtos de primeira necesidade, o que equivale a máis de 6.600 carros da compra.