- A compañía renova un ano máis o convenio de colaboración que subscribe de xeito anual coa entidade.
- Mercadona colabora con outras entidades sociais en Castela e León ás que lles doou máis de 540 toneladas en 2016.
Mercadona dooulle á Fundación Banco de Alimentos de Valladolid máis de 11 toneladas de produtos de primeira necesidade, renovando así o convenio de colaboración que ambas as entidades manteñen desde hai anos. A entidade comprométese, á súa vez, a os distribuír entre as organizacións sociais que traballan coas persoas máis necesitadas.
A entrega tivo lugar hoxe na sede que o Banco de Alimentos provincial ten situada no Polígono de Argales. En concreto, fíxose entrega de aceite e de fabas en conserva, tal e como o solicitou a propia entidade, destinados a aquelas familias ou colectivos con escasos recursos de Valladolid e provincia.
A compañía, ademais, participou os pasados 2 e 3 de xuño na II “Operación Kilo” organizada polo Banco de Alimentos de Valladolid e a Asociación de Supermercados de Castela e León, onde se recolleron máis de 90 toneladas de produtos de primeira necesidade entre todos os supermercados participantes. Para esta iniciativa, Mercadona puxo á disposición da entidade os 15 supermercados que ten situados na capital.
O presidente da Fundación Banco de Alimentos de Valladolid, Jesús Mediavilla, quixo agradecerlle a Mercadona “esta nova colaboración e o compromiso social que esta empresa nos presta para continuar a axudar as 16.100 persoas que atende a nosa Fundación ao mes. Grazas a este compromiso anual, a nosa entidade ve como as súas naves e estantes se van surtindo dos alimentos destinados ás familias que máis os necesitan”.
Acción social de Mercadona na rexión
No caso concreto de Castela e León, en 2016 Mercadona doou 545 toneladas de alimentos a diversas entidades benéficas e comedores da comunidade. Con esta colaboración a cadea de supermercados consolida o seu programa de axuda con diversas entidades sociais, reforzando o seu compromiso coa contorna social onde desenvolve a súa actividade.
En 2016, a compañía apoiou o labor de máis de 120 comedores instaurados en diferentes localidades de toda España, ás que doa acotío produtos que non son aptos para a venda mais si están en perfectas condicións para o seu consumo.
Do mesmo xeito, Mercadona continuou a desenvolver o seu plan de acción social mediante o apoio a diversas entidades sociais que axudaron a moitas persoas. En total, e a través de diversas iniciativas en que participou en toda España, ten doado 6.500 toneladas de alimentos, o equivalente a 108.000 carros da compra.