Pormenor do logo de Mercadona no mantelo dun dos traballadores de tenda.

Mercadona doa máis de 11 toneladas de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Valladolid

29 de septembro de 2017
  • A compañía renova un ano máis o convenio de colaboración que subscribe de xeito anual coa entidade.
  • Mercadona colabora con outras entidades sociais en Castela e León ás que lles doou máis de 540 toneladas en 2016. 

Mercadona dooulle á Fundación Banco de Alimentos de Valladolid máis de 11 toneladas de produtos de primeira necesidade, renovando así o convenio de colaboración que ambas as entidades manteñen desde hai anos. A entidade comprométese, á súa vez, a os distribuír entre as organizacións sociais que traballan coas persoas máis necesitadas.

A entrega tivo lugar hoxe na sede que o Banco de Alimentos provincial ten situada no Polígono de Argales. En concreto, fíxose entrega de aceite e de fabas en conserva, tal e como o solicitou a propia entidade, destinados a aquelas familias ou colectivos con escasos recursos de Valladolid e provincia.

A compañía, ademais, participou os pasados 2 e 3 de xuño na II “Operación Kilo” organizada polo Banco de Alimentos de Valladolid e a Asociación de Supermercados de Castela e León, onde se recolleron máis de 90 toneladas de produtos de primeira necesidade entre todos os supermercados participantes. Para esta iniciativa, Mercadona puxo á disposición da entidade os 15 supermercados que ten situados na capital.

O presidente da Fundación Banco de Alimentos de Valladolid, Jesús Mediavilla, quixo agradecerlle a Mercadona “esta nova colaboración e o compromiso social que esta empresa nos presta para continuar a axudar as 16.100 persoas que atende a nosa Fundación ao mes. Grazas a este compromiso anual, a nosa entidade ve como as súas naves e estantes se van surtindo dos alimentos destinados ás familias que máis os necesitan”. 

Acción social de Mercadona na rexión

No caso concreto de Castela e León, en 2016 Mercadona doou 545 toneladas de alimentos a diversas entidades benéficas e comedores da comunidade.  Con esta colaboración a cadea de supermercados consolida o seu programa de axuda con diversas entidades sociais, reforzando o seu compromiso coa contorna social onde desenvolve a súa actividade.

En 2016, a compañía apoiou o labor de máis de 120 comedores instaurados en diferentes localidades de toda España, ás que doa acotío produtos que non son aptos para a venda mais si están en perfectas condicións para o seu consumo.

Do mesmo xeito, Mercadona continuou a desenvolver o seu plan de acción social mediante o apoio a diversas entidades sociais que axudaron a moitas persoas. En total, e a través de diversas iniciativas en que participou en toda España, ten doado 6.500 toneladas de alimentos, o equivalente a 108.000 carros da compra.