Logo Mercadona exterior

Mercadona doa máis de 100.000 litros de leite aos bancos de alimentos de Catalunya

20 de novembro de 2019
  • Este ano participará novamente na Gran Recollida e poñerá a disposición dos catro bancos de alimentos máis de 250 tendas.

A compañía de supermercados Mercadona fixo efectiva a doazón de máis de 100.000 litros de leite enteiro da marca propia Hacendado (concretamente 101.700 litros) á Federación Catalá de Bancos de Alimentos.

A relación entre Mercadona e a Federación Catalá de Bancos de Alimentos, que engloba os bancos de alimentos de Barcelona, Girona, Lleida e Tarragona, iniciouse no ano 2010 e a entidade enmárcase dende dúas vertentes: por un lado, poñer a disposición dos bancos de alimentos as tendas de Mercadona nas edicións que organizan para recadar alimentos; e, por outro lado, facer unha doazón de produtos de primeira necesidade para que os bancos de alimentos poidan distribuílos entre as persoas necesitadas a través de entidades benéficas.

A presidenta do Banco de Alimentos de Barcelona, Roser Brutau, e o director de RREE de Mercadona en Barcelona Norte, Santi Mont, durante a doazón de leiteA presidenta do Banco de Alimentos de Barcelona, Roser Brutau, e o director de RREE de Mercadona en Barcelona Norte, Santi Mont, durante a doazón de leite.

Neste sentido, Mercadona tamén colaborará na edición deste ano da Gran Recollida, prevista para os próximos días 22 e 23 de novembro, coa participación de máis de 250 tendas de toda Cataluña onde se establecerá un punto de recollida en cada unha.

A compañía poñerá a disposición dos catro bancos de alimentos as tendas como puntos de recollida de alimentos de primeira necesidade. Na campaña anterior, celebrada o 30 de novembro e o 1 de decembro de 2018, recolléronse más de 1.013 toneladas de produtos básicos doados polos clientes. Mercadona fixo unha achega adicional de máis de 100.000 litros de leite enteiro Hacendado que este ano repite. Paralelamente, dará apoio loxístico ao Banco de Alimentos de Barcelona facilitando o transporte dos produtos recollidos cara á nave onde posteriormente serán clasificados por voluntarios do banco.

Neste sentido, a presidenta do Banco de Alimentos de Barcelona, Roser Brutau, sinalou que “esta doazón é unha achega moi valiosa dado que o leite é un dos alimentos básicos que máis falta fan ao Banco de Alimentos e é o produto que máis se reparte durante todo o ano”.

Pola súa parte, o director de Relacións Externas de Mercadona en Barcelona Norte e Girona, Santi Mont, remarcou “o importante labor” que levan a cabo os bancos de alimentos “recollendo e repartindo os alimentos entre os máis necesitados” e manifestou que “un dos compromisos que Mercadona mantén coa Sociedade é devolver parte de todo o que recibe dela” e esta nova doazón de leite "é a nosa pequena contribución para axudar ás persoas que máis o necesitan".

Tanto a presidenta do Banco de Alimentos de Barcelona, Roser Brutau, como o director de Relacións Externas de Mercadona en Barcelona Norte e Girona, Santi Mont, coincidiron en sinalar que "a participación nesta nova edición da Gran Recollida dá continuidade á colaboración iniciada en 2010 cos bancos de alimentos” e ten como obxectivo "poder contribuír a conseguir a recadación do maior número posible de alimentos e a súa distribución entre as persoas máis necesitadas".

Ademais da colaboración cos bancos de alimentos, a cadea de supermercados tamén doa diariamente alimentos a 36 comedores sociais de toda Cataluña. A doazón realízase de luns a sábado, grazas aos recursos loxísticos e humanos de Mercadona, que leva a cada un dos comedores sociais os produtos e que os entrega nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que os voluntarios poidan preparar as comidas diarias.