Doazón de alimentos de Mercadona a entidades sociais de Tenerife

Mercadona doa esta semana 9.400 quilos de alimentos a entidades sociais de Tenerife

30 de abril de 2020
  • A compañía reforza as doazóns de alimentos durante a excepcional situación ocasionada pola Covid-19 para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo.
  • Esta semana entregou 9.400 quilos de produtos de primeira necesidade como aceite, arroz, pasta, leite, produtos de chacinería ou doces ao Banco de Alimentos, Cáritas e Cruz Roja.
  • No que vai de ano a compañía doou ás distintas entidades e organizacións sociais de Canarias 166.000 quilos de produtos e alimentos.
  • En 2019 a compañía doou un total de 479 toneladas de alimentos de primeira necesidade tan só en Canarias.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, entregou ao longo desta semana, froito da situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19, 9.400 quilos de produtos de primeira necesidade como aceite, arroz, pasta, leite, produtos de chacinería ou doces ao Banco de Alimentos, Cáritas e Cruz Roja.

No seu compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, a compañía reforza o seu proceso de doazóns coas entidades sociais de Tenerife coas que colabora habitualmente e aplicou novas medidas que garanten tanto a seguridade das persoas como a subministración destas organizacións. Nese sentido, entregou no que levamos de ano máis de 79.000 quilos de alimentos en Tenerife, dos que 13.500 foron destinados aos comedores sociais Asociación Benéfica Centro Padre Laraña e La Noria.

Jorge Pérez, Director de Relacións Externas de Mercadona en Tenerife, destaca que: “A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo. Esperamos que as doazóns que estamos levando a cabo axuden neste obxectivo”.

Por outro lado, Hernán Cerón, presidente do Banco de Alimentos de Tenerife, agradece o labor da compañía: “A principios de marzo tiñamos serios problemas de abastecemento de alimentos. Estamos moi agradecidos porque Mercadona permitiunos, en dous meses, axudar a 22.600 persoas necesitadas da illa, pois precisabamos con urxencia produtos básicos para paliar a fame de tantas familias”.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 240 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos, e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 3.649 toneladas de alimentos, 3.508 en España e 141 en Portugal, cantidades que se foron incrementado dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que a Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca xunto cos Provedores Totaler a conversión dos residuos en novos recursos.  Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Doazón de alimentos de Mercadona a entidades sociais de TenerifeDoazón de alimentos de Mercadona a entidades sociais de Tenerife.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará