Entrega de alimentos de Mercadona a entidades sociais de Canarias

Mercadona doa esta semana 39.200 quilos de alimentos a entidades sociais de Canarias

03 de xullo de 2020
  • A compañía reforza as doazóns durante a excepcional situación ocasionada pola COVID-19 para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas.
  • Esta semana entregou 39.200 quilos de produtos de chacinería como xamón, queixo, chourizo ou mortadela aos Bancos de Alimentos de Tenerife, Las Palmas e Lanzarote e á Cruz Vermella de Las Palmas.
  • Doou no que vai de ano ás distintas entidades e organizacións sociais de Canarias 506.000 quilos de produtos e alimentos.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, entregoulle esta semana 39.200 quilos de produtos de chacinería como xamón, queixo, chourizo ou mortadela aos Bancos de Alimentos de Las Palmas, Tenerife e Lanzarote e á Cruz Vermella de Las Palmas.

No seu compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, a compañía reforzou o seu proceso de doazóns coas entidades sociais de Canarias coas que colabora debido á excepcional situación ocasionada pola COVID-19. Nese sentido entregou no que vai de ano 506.000 quilos de produtos e alimentos a distintas entidades e organizacións sociais de Canarias, dos que 118.000 foron destinados aos oito comedores sociais cos que Mercadona colabora en Las Palmas e en Santa Cruz de Tenerife.

Jorge Pérez, Director de Relacións Externas de Mercadona en Santa Cruz de Tenerife, agradeceu “o traballo diario das entidades sociais de Canarias nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo” e espera que “estas doazóns axuden a dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables”.

Antonio Rico, Presidente da Cruz Vermella en Canarias, quixo agradecer á compañía “o compromiso e a resposta que deu durante estes meses tan difíciles para moitas familias canarias como consecuencia da emerxencia sanitaria, económica e social”. Pola súa parte, Hernán Cerón, Presidente do Banco de Alimentos de Tenerife, valorou que dende a declaración do estado de alarma “as doazóns de Mercadona foron constantes e oportunas e permitíronnos resolver as necesidades alimenticias urxentes de moitas familias”.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 240 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 7.348 toneladas de alimentos, 7.058 en España e 291 en Portugal, cantidades que se foron incrementado dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que a Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca xunto cos Provedores Totaler a conversión dos residuos en novos recursos.  Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Entrega de alimentos de Mercadona a entidades sociais de CanariasEntrega de alimentos de Mercadona a entidades sociais de Canarias.

Entrega de produtos de primeira necesidade de Mercadona a entidades sociais de CanariasEntrega de produtos de primeira necesidade de Mercadona a entidades sociais de Canarias.

Logo EActiVate