Entrega de alimentos de Mercadona en Ceuta

Mercadona doa diariamente produtos á casa familiar dos Hermanos de la Cruz Blanca en Ceuta

08 de abril de 2019
  • A cadea de supermercados comeza a entregar a diario produtos de primeira necesidade á casa familiar Nuestra Señora de los Ángeles, xestionada polos Hermanos de la Cruz Blanca en Ceuta.
  • Dentro do seu plan de acción social, a compañía colabora con 170 comedores sociais en diferentes localidades de España.

No marco da súa responsabilidade social, Mercadona iniciou a súa colaboración coa casa familiar Nuestra Señora de los Ángeles dos Hermanos de la Cruz Blanca en Ceuta a través da entrega diaria de produtos de primeira necesidade. Trátase de produtos aptos para o seu consumo, pero non para a venda segundo os criterios da compañía. A doazón realízase diariamente grazas aos recursos loxísticos e humanos que tamén achega Mercadona, e entréganse nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria.

Os Hermanos Franciscanos de la Cruz Blanca, institución relixiosa moi ligada a Ceuta dende os seus comezos, fai 50 anos acollendo, acompañando, e transformando a realidade de persoas en situación de dependencia e outros colectivos en risco de exclusión social. Dende os seus 35 centros, “Casas familiares", distribuídos por toda España desenvolven programas e proxectos centrados na persoa e nas súas necesidades específicas, cumprindo os máis rigorosos controis de calidade.  En virtude dun contrato coa Cidade Autónoma, desenvolven o servizo de axuda a domicilio básico onde atenden máis de 400 usuarios. Dentro do anterior contan cun servizo de comidas elaboradas que tamén está dirixido a persoas en risco de pobreza que non contan cos recursos ou coas habilidades para facer de comer. Este servizo ofréceno de luns a domingo con servizo de xantar e cea.

O irmán Carlos Domínguez, no nome de Cruz Blanca, mostrou o agradecemento desta institución a Mercadona pola doazón diaria de alimentos: "a familia de Cruz Blanca agradece a Mercadona esta andadura solidaria que comeza e, especialmente, o trato próximo, a compresión e o cariño co que foi acollido este proxecto”.

Como parte da súa responsabilidade social empresarial, Mercadona non só realiza esta colaboración senón que o pasado mes de marzo asinou un convenio de colaboración co Banco de Alimentos de Ceuta polo que a compañía se compromete a doar produtos de primeira necesidade para que o Banco poida distribuílos a través de entidades benéficas.

O irmán Carlos Domínguez xunto a traballadores de Mercadona durante a entrega de alimentos doados á casa familiar dos Hermanos de la Cruz Blanca en CeutaO irmán Carlos Domínguez xunto a traballadores de Mercadona durante a entrega de alimentos doados á casa familiar dos Hermanos de la Cruz Blanca en Ceuta.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Uno dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é contribuír ao seu desenvolvemento e progreso de forma sostible. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes, así como na construción de cubertas axardinadas e xardíns  verticais nas súas tendas.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Medioambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos provedores totaler a conversión de residuos en novos recursos.

Ademais, Mercadona colabora con 170 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España para a doazón diaria de alimentos, así como, a colaboración en campañas de recollida de alimentos. Igualmente, traballa cun total de 33 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, está adherida dende o ano 2011 ao Pacto Mundial das Nacións Unidas pola defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.