Entrega de Mercadona a Cruz Vermella Lugo

Mercadona doa a Cruz Vermella Lugo máis de 3.700 quilos de produtos de primeira necesidade

25 de maio de 2020
  • A compañía reforza as doazóns de produtos de primeira necesidade a entidades sociais da provincia de Lugo durante a excepcional situación ocasionada pola Covid-19.
  • Nos últimos días, Mercadona doou a Cruz Vermella en Galicia máis de 14.700 quilos de produtos de primeira necesidade
  • A compañía, no que vai de ano, doou ás distintas entidades e organizacións sociais da comunidade galega 356 toneladas de produtos e alimentos.
  • En 2019 a compañía doou un total de 706,6 toneladas de alimentos de primeira necesidade tan só en Galicia.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda online, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Neste sentido, fortaleceu o seu proceso de doazóns coas entidades sociais da provincia de Lugo coas que colabora habitualmente, e procede a implementar novas medidas que garanten tanto a seguridade das persoas, como a subministración destas organizacións.

Durante o día de hoxe, a compañía entregou a Cruz Vermella Lugo 3.700 quilos de produtos para a hixiene persoal e a limpeza do fogar, entre eles 22.550 cueiros, doazón que se replicou nos últimos días no resto de provincias galegas, alcanzando os 14.700 quilos de produtos doados a Cruz Vermella en Galicia.

Mercadona continúa fortalecendo a entrega de doazóns a diferentes entidades da provincia como o Banco de Alimentos de Lugo ou a Fundación Comedor San Froilán á que entrega a diario produtos de primeira necesidade que non son aptos para a venda pero si para o seu consumo.

Mariña Rivas, xerente de Relacións Externas de Mercadona en Galicia, destaca "o magnífico labor que desenvolven dende Cruz Vermella Lugo onde non deixaron de traballar para axudar aos demais nestes tempos difíciles”. “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais de Galicia, onde doou máis de 706 toneladas de alimentos en 2019. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo”.

Por outro lado, Luis Abelleira Mayor, presidente provincial de Cruz Vermella en Lugo, agradece a Mercadona esta colaboración co Plan Responde de Cruz Vermella posto en marcha pola organización humanitaria ante a crise sanitaria e social provocada pola Covid-19 e co que están atendendo a máis de 10.077 persoas na provincia.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende ao compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 240 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos e participa nas campañas de recollida de alimentos que ditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 5.200 toneladas de alimentos, cantidades que se incrementaron dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que a Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Entrega de produtos de Mercadona a Cruz Vermella LugoEntrega de produtos de Mercadona a Cruz Vermella Lugo

Logo EActiVate