Antoni Fo e Oriol Berenguer (Banco de Alimentos) con Beatriz Feced (Mercadona) e voluntarios durante a entrega de alimentos efectuada

Mercadona doa 8.000 quilos de lentellas ao Banco de Alimentos das comarcas de Lleida

19 de maio de 2020
  • En total, durante a excepcional situación ocasionada pola COVID-19, a compañía entregou preto de 397.000 quilos de produtos de primeira necesidade a diversas entidades sociais e organizacións benéficas de Cataluña.
  • Reforza as doazóns de alimentos durante a excepcional situación ocasionada pola COVID-19 para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, fixo efectiva hoxe a entrega de 8.000 quilos de legumes, concretamente lentellas, ao Banco de Alimentos das comarcas de Lleida.

Esta entrega súmase ás que realiza diariamente aos comedores sociais das comarcas de Lleida que se encontran abertos nestes momentos, e cos que colabora habitualmente, como o comedor social da Fundación Jericó (en Lleida cidade) e a Residencia Sant Josep (en La Seu d’Urgell) que supuxeron, ata o momento, a doazón de máis de 19.500 quilos de produtos de primeira necesidade ás entidades sociais ilerdenses.

A nova doazón, realizada hoxe, forma parte das que a compañía está levando a cabo, dada a excepcional situación ocasionada pola COVID-19. En total, dende o pasado 27 de marzo e ata hoxe, entregou preto de 397.000 quilos de alimentos, tanto secos como frescos, como por exemplo legumes, carne e peixe fresco envasado, froita e verdura, iogures e sobremesas lácteas, pan de molde, cereais, e zumes e batidos refrixerados, entre outros, a diversas entidades sociais e organizacións benéficas de Cataluña, o que representa un total de 6.700 carros da compra.

Mercadona dá resposta así ao chamamento feito polos bancos de alimentos e reforza as doazóns para axudar a paliar, na medida do posible, as demandas das persoas máis necesitadas.

Neste sentido, o presidente do Banco de Alimentos das comarcas de Lleida, Antoni Fo, sinalou que “os legumes son esenciais no labor dos bancos de alimentos de axuda ás familias en situación de vulnerabilidade polo seu alto valor nutritivo”. E engadiu que “ademais, hai que recalcar que a acción dos bancos de alimentos no se podería levar a cabo sen a colaboración de empresas socialmente responsables como Mercadona".

Pola súa parte, a directora de Relacións Externas de Mercadona en Lleida, Beatriz Feced agradeceu "o traballo que están levando a cabo as entidades sociais como o Banco de Alimentos das comarcas de Lleida" e puxo de manifesto que "con esta nova doazón entregaríanse arredor de 397 toneladas de alimentos a varias entidades e organizacións benéficas de Cataluña en pouco máis de sete semanas para axudar a paliar, na medida do posible, as demandas dos colectivos máis desfavorecidos nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo".

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de diferentes liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

No marco desta política, ademais da colaboración cos 4 bancos de alimentos de Cataluña e outras entidades benéficas como a Cruz Vermella en Cataluña, a cadea de supermercados tamén doa produtos a 35 comedores sociais de Cataluña. A doazón realízase diariamente, de luns a sábado, grazas aos recursos loxísticos e humanos de Mercadona, que leva os produtos a cada un dos comedores sociais e os entrega nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que os voluntarios poidan preparar as comidas diarias.

De feito, durante 2019, a compañía doou a estas entidades sociais e organizacións benéficas de Cataluña máis de 1.478 toneladas de alimentos.

Antoni Fo e Oriol Berenguer (Banco de Alimentos) con Beatriz Feced (Mercadona) e voluntarios durante a entrega de alimentos efectuadaAntoni Fo e Oriol Berenguer (Banco de Alimentos) con Beatriz Feced (Mercadona) e voluntarios durante a entrega de alimentos efectuada.

Doazón de lentellas de Mercadona ao Banco de Alimentos das comarcas de LleidaDoazón de lentellas de Mercadona ao Banco de Alimentos das comarcas de Lleida.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará