Responsable do Banco de Alimentos de La Rioja con Imanol Flandes, Xerente de Relacións Externas de Mercadona

Mercadona doa 7.800 quilos de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de La Rioja

15 de xullo de 2021
  • A cadea de supermercados doou máis de 420 toneladas de produtos de primeira necesidade en 2020 en La Rioja a distintas entidades.

Mercadona doou ao Banco de Alimentos de La Rioja 7.800 quilos de produtos de primeira necesidade. Co obxectivo de continuar atendendo os colectivos máis desfavorecidos, a cadea de supermercados fixo efectiva a entrega de conservas de peixe, galletas, aceite, alimentación infantil, leite, arroz e pasta, entre outros.

Na entrega estiveron presentes, José Manuel Pascual-Salcedo, presidente do Banco de Alimentos de La Rioja, e Imanol Flandes, director de Relacións Externas de Mercadona en La Rioja. Flandes afirmou que “isto é unha mostra máis do noso compromiso co Banco de Alimentos de La Rioja e coas máis de 10.000 persoas ás que atenden”. Pola súa parte Pascual-Salcedo agradeceu “a doazón de hoxe así como as doazóns diarias que nos fai Mercadona que nos axudan a atender as persoas máis necesitadas”.   

Mercadona doou máis de 420 toneladas de produtos a entidades sociais en La Rioja en 2020. Esta cantidade significa un aumento do 58 % das achegas de alimentos e outros produtos a entidades sociais respecto ao ano anterior, como consecuencia da crise sanitaria e económica actual.

Como parte da súa responsabilidade social empresarial, Mercadona non só realiza esta acción, tamén colabora diariamente, doando produtos de primeira necesidade, tanto co Banco de Alimentos de La Rioja, como co comedor social Cociña Económica de Logroño, a residencia La Concepción de Calahorra, as Cáritas Parroquiais de Arnedo e Alfaro e o Fogar Madre de Dios de Haro cubrindo todas as zonas da Comunidade nas que está presente.

Mercadona en La Rioja

Mercadona conta en La Rioja con nove tendas, que suman un cadro de persoal de 525 persoas con emprego estable e de calidade. Ademais, como parte da aposta de Mercadona por La Rioja, en 2020 realizou compras por valor de 440 millóns de euros a provedores rioxanos, un 4 % máis que o ano anterior. En 2021 situará en novos lugares as súas tendas de Haro e Calahorra para adaptalas ao novo modelo de tenda eficiente da compañía, que reduce nun 40 % o consumo enerxético.

Banco de Alimentos de La Rioja

O Banco de Alimentos de La Rioja é unha fundación benéfica de carácter social, aconfesional e sen ánimo de lucro que está integrada na Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) e a Federación Europea de Bancos de Alimentos (FEBA). Formada por un grupo de voluntarios rioxanos encárgase de recoller alimentos procedentes de excedentes de empresas de alimentación e doazóns de particulares e repartilos entre a xente necesitada de La Rioja. En 2020 os seus 1.700 voluntarios distribuíron, a través de 73 entidades colaboradoras, un total de 1.376.816 quilos de alimentos a 10.219 beneficiarios.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico. Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Responsable do Banco de Alimentos de La Rioja con Imanol Flandes, Xerente de Relacións Externas de MercadonaResponsable do Banco de Alimentos de La Rioja con Imanol Flandes, Xerente de Relacións Externas de Mercadona.