Representantes do Albergue San Juan de Dios de Valencia con traballadores de Mercadona durante a entrega

Mercadona doa 7.000 quilos de alimentos a sete entidades sociais da provincia de Valencia

18 de maio de 2020
  • A compañía afianza a súa colaboración coas entidades sociais da zona e entrega produtos de primeira necesidade como lácteos e froitos secos.
  • Mercadona reforza as doazóns de alimentos durante a excepcional situación ocasionada pola Covid-19, e dá resposta ás necesidades ocasionadas por esta situación de extraordinaria complexidade que se está vivindo.
  • A compañía, ata a data, doou ás distintas entidades e organizacións sociais da provincia de Valencia máis de 116.000 quilos de produtos e de alimentos.
  • En 2019 a compañía doou un total de 200.000 quilos de alimentos de primeira necesidade na provincia de Valencia.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda online, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Hoxe realiza unha nova doazón de aproximadamente 7.000 quilos de alimentos, como lácteos e froitos secos, a sete entidades sociais da provincia de Valencia, e procede a implementar novas medidas que garanten tanto a seguridade das persoas, como a subministración destas organizacións.

En concreto, estes produtos entregáronse a unha das asociacións coas que a compañía colabora habitualmente, o Albergue San Juan de Dios; e a outras asociacións diversas, como Cáritas de Gandía e de Alacuás, Cruz Vermella de Mislata, Fundación Altius España na Comunidade Valenciana de Valencia, Fundación Ayuda Una Familia de Paterna e Parroquia San Josemaría Escrivá de Valencia.

Andrea Gómez, directora de Relacións Externas de Mercadona en Valencia cidade, destaca que “a compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais da provincia de Valencia, aos que doou 200.000 quilos de alimentos en 2019, e no que vai de ano, doou máis de 116.000 quilos de produtos e de alimentos. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo”.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende ao compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 240 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos e participa nas campañas de recollida de alimentos que ditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas as entidades e organizacións un total de 4.884 toneladas de alimentos, 4.674 en España e 210 en Portugal, cantidades que se incrementaron dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que a Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética e a redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos Provedores Totaler a conversión dos residuos en novos recursos.  Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e a mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións, furgonetas propulsados por tecnoloxías limpas e eficientes.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial de Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

 Representantes do Albergue San Juan de Dios de Valencia con traballadores de Mercadona durante a entregaRepresentantes do Albergue San Juan de Dios de Valencia con traballadores de Mercadona durante a entrega.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará