Representantes da Cruz Vermella e Mercadona en Valladolid durante a doazón

Mercadona doa 4.000 unidades de vasiños de arroz e quinoa á Cruz Vermella de Valladolid

05 de outubro de 2021
  • A compañía afianza a súa colaboración coa entidade entregando produtos de primeira necesidade tales como vasiños de arroz preparado e quinoa.
  • Mercadona mantén o seu compromiso con diversas entidades sociais e benéficas de toda a rexión entregando produto diariamente a 38 comedores sociais.
  • Mercadona doou o ano pasado na rexión un total de 1.437 toneladas de alimentos, o equivalente a 24.000 carros da compra, un 35 % máis que o ano anterior.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Neste sentido, a compañía, que xa doou durante 2020 máis de 1.437 toneladas de produtos de primeira necesidade a diferentes entidades sociais da rexión, fixo entrega á Cruz Vermella de Valladolid de 4.000 vasiños de arroz e quinoa envasados para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo. A entrega tivo lugar hoxe no supermercado situado na rúa Miguel de Unamuno no barrio de Covaresa.

Laura del Palacio, Directora de Relacións Externas de Mercadona en Valladolid, destaca que: “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais de Valladolid e provincia. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nasa nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos atravesando”.

Por outro lado, a Cruz Vermella en Valladolid, agradece unha vez máis “o labor e o compromiso de Mercadona coas persoas máis vulnerables. Durante o último ano, debido ao impacto económico xerado pola pandemia da COVID-19, as demandas de axuda alimentaria á Cruz Vermella incrementáronse. Neste sentido, o apoio e a colaboración das empresas é esencial xa que, de forma solidaria, contribúen a paliar a necesidade básica de alimentación”.

Mercadona duplicou en 2020 as súas doazóns de produto respecto ao ano anterior un 35 % máis, o equivalente a 24.000 carros da compra, a través da colaboración con máis de 38 comedores sociais de toda a rexión, ademais das diferentes sedes de Banco de Alimentos, Cruz Vermella ou Cáritas Diocesana onde a compañía está presente.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos de Mercadona é devolverlle á sociedade parte do que recibe dela, por iso, dende hai anos a compañía ten en marcha distintas iniciativas sociais. Unha delas é a doazón de alimentos coa que no primeiro semestre de 2021 doou 10.000 toneladas de produtos a comedores sociais, bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España e as zonas de Portugal onde Mercadona está presente, un 30 % máis que no mesmo período de 2020.

Esta cantidade é o equivalente a máis de 160.000 carros da compra cos que a compañía apoia máis de 290 comedores sociais, máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades de ambos os dous países.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Representantes da Cruz Vermella e Mercadona en Valladolid durante a doazónRepresentantes da Cruz Vermella e Mercadona en Valladolid durante a doazón.