O presidente da Fundación Banco de Alimentos de Mallorca, Raimundo de Montis, coa Directora de Relacións Externas Illes Balears, Bárbara Ordás

Mercadona doa 20 toneladas de produtos de primeira necesidade á Fundación Banco de Alimentos de Mallorca

28 de xullo de 2021
  • A compañía de supermercados afianza a súa colaboración coa organización entregando un ano máis 20 toneladas de produtos como pasta, arroz, legumes, galletas ou cueiros tras renovar o seu convenio anual de colaboración.  
  • Mercadona colabora con 14 entidades benéficas de Illes Balears ás que doou no que vai de ano 173 toneladas de produtos de primeira necesidade.  

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, entregou hoxe mércores vinte toneladas de produtos de primeira necesidade á Fundación Banco de Alimentos de Mallorca como pasta, arroz, legumes, galletas e cueiros froito do firme compromiso da cadea de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, un labor que reforzou como consecuencia da crise sanitaria e económica.

A doazón enmárcase dentro do convenio de colaboración anual que renovaron esta mañá co fin de que os alimentos se distribúan entre as preto de cen entidades sen ánimo de lucro beneficiarias do Banco de Alimentos, que cobren as necesidades dunhas 35.000 persoas.

O Presidente da Fundación Banco de Alimentos de Mallorca, Raimundo de Montis, puxo en valor “a axuda constante de Mercadona e a magnífica relación entre as dúas entidades. Saber que contamos ano tras ano co seu apoio dános tranquilidade”.

Pola súa parte, a Directora de Relacións Externas de Illes Balears, Bárbara Ordás, declarou: “É unha satisfacción colaborar co Banco de Alimentos tanto en doazóns privadas que levamos a cabo como en Operacións Quilo. Agradecemos enormemente á entidade o seu traballo e dedicación altruísta, claves para a sociedade balear”.

Mercadona mantén un compromiso social cos veciños e veciñas das zonas nas que ten presenza e actividade. No caso de Illes Balears, no que vai de ano a compañía de supermercados doou a comedores sociais e outras entidades benéficas máis de 173 toneladas de alimentos, o que equivale a preto de 2.900 carros da compra.

Neste sentido, Mercadona colabora co Banco de Alimentos de Mallorca, os Bancos de Alimentos Municipais de Maó e Ciutadella de Menorca, Cáritas Diocesana de Eivissa e Formentera e con dez comedores sociais das illas. En concreto, en Mallorca reparte diariamente alimentos a Sor Isabel Bonnín, Estrellas & Duendes, Refugi del Pare Gaspar Aguiló, Tardor, Las Hermanitas de los Pobres, Can Gazà e Ebenezer Maranata e en Eivissa aos comedores sociais de Vila, Santa Eulària des Riu e Sant Antoni de Portmany xestionados por Cáritas Diocesana de Eivissa e Formentera.

Unha política de acción social sostible na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da Economía Circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico. Nese sentido, destaca que Mercadona, xunto aos seus Provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo deste. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

O presidente da Fundación Banco de Alimentos de Mallorca, Raimundo de Montis, coa Directora de Relacións Externas Illes Balears, Bárbara OrdásO presidente da Fundación Banco de Alimentos de Mallorca, Raimundo de Montis, coa Directora de Relacións Externas Illes Balears, Bárbara Ordás.