- En 2020 a compañía doou a entidades sociais o que equivale a máis de 280.000 carros da compra.
- Mercadona apoia e colabora con máis de 290 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades de todo o territorio.
En 2020 Mercadona duplicou as doazóns de alimentos a entidades sociais respecto ao ano anterior contribuíndo, deste xeito, co seu gran de area nesta crise sanitaria e económica na que está inmersa o país. Durante todo o exercicio a compañía doou 17.000 toneladas de produtos a comedores sociais, bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España e Portugal.
Estas doazóns son o equivalente a máis de 280.000 carros da compra e realízanse a través da colaboración con máis de 290 comedores sociais, máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades tanto de España como das zonas de Portugal onde Mercadona está presente.
Vídeo en español
Así mesmo, a compañía mostrou o seu apoio con doazóns adicionais ao longo do ano como as entregas realizadas en marzo e abril ao hospital de campaña habilitado na Feira Ifema de Madrid.
Compromiso de Mercadona
Parte da política de Responsabilidade Social de Mercadona é devolver á sociedade parte de canto recibe dela. Grazas a este compromiso, diferentes institucións e entidades sociais de todo o territorio reciben o apoio e a colaboración da compañía para axudar aos que máis o necesitan. Ademais, Mercadona ten implantadas diversas estratexias para evitar e previr o desperdicio de alimentos.
Mapa de doazóns de alimentos de Mercadona realizadas en 2020.
Entidades sociais coas que colabora Mercadona
En España, Mercadona colabora coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) e co Banco de Produtos Acompartir. Por outro lado, no plano das Comunidades Autónomas ou Cidades Autónomas, a compañía colabora con diversas entidades sociais de forma habitual.
Documento en español
Listado entidades sociales con las que colabora Mercadona 2020