Cartón de leite enteiro Hacendado

Mercadona doa 13.500 litros de leite Hacendado ao Banco de Alimentos das comarcas de Girona

14 de maio de 2018
  • No ámbito de Cataluña, a compañía entrega 100.000 litros de leite enteiro Hacendado aos catro bancos de alimentos.
  • No momento do peche de 2017, Mercadona doou preto de   150.000 quilos de alimentos e outros produtos de primeira necesidade a diversas institucións e organizacións benéficas das comarcas xerundenses.

Mercadona fixo efectiva hoxe a doazón de 13.500 litros de leite enteiro Hacendado ao Banco de Alimentos das comarcas de Girona cumprindo o convenio de colaboración asinado por ambas partes. Esta doazón súmase á efectuada aos bancos de  alimentos de Barcelona, Tarragona e Lleida ata completar os 100.000 litros de leite que a compañía de supermercados doa este ano 2018.

A relación entre Mercadona e a Federación Catalá de Bancos de Alimentos, que engloba os catro bancos de alimentos, iniciouse no ano 2010 coincidindo coa campaña de recollida de alimentos básicos en supermercados e mercados. A relación iniciada hai nove anos entre a cadea de distribución e a entidade benéfica enmárcase en dúas vertentes: por unha banda, poñer a disposición dos bancos de alimentos as tendas de Mercadona nas edicións que organizan para recadar alimentos, e, doutra banda, facer unha doazón de produtos de primeira necesidade para que os bancos de alimentos poidan distribuílos entre as persoas necesitadas a través de entidades benéficas.

Momento da entrega de Leite Hacendado ao Banco de Alimentos das comarcas de GironaDoazón de leite enteiro Hacendado ao Banco de Alimentos das comarcas de Girona.

Durante o acto de entrega, o presidente do Banco de Alimentos das comarcas de Girona, Frederic Gómez, afirmou que o leite é o produto con máis demanda e o que máis reparte o Banco de Alimentos das comarcas xerundenses “e, por iso, queremos agradecer que como complemento ao que doaron os seus clientes, Mercadona nos faga unha doazón do que máis necesitamos (leite) e cando máis o necesitamos”.  

Neste sentido, o responsable de Relacións Externas de Mercadona en Girona, Santi Mont, agradeceulle ao Banco de Alimentos "a  colaboración levada a cabo para traballar xuntos na loita contra a pobreza" e manifestou que esta nova doazón de 13.500 litros de leite "é a nosa pequena contribución para axudar ás persoas máis necesitadas do noso ámbito".

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

 Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de todo o que recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de diferentes liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

No marco desta política, ademais da colaboración co Banco de Alimentos das comarcas de Girona, a cadea de supermercados tamén doa produtos a 3  comedores sociais das comarcas tarraconenses. A doazón realízase diariamente de luns a sábado, grazas aos recursos loxísticos e humanos de Mercadona, que leva a cada un dos comedores sociais os produtos e os entrega nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que os voluntarios preparen as comidas.

En total, o ano pasado, Mercadona doou preto de 150.000 quilos de alimentos e outros produtos de primeira necesidade a varias entidades sociais e organizacións benéficas das comarcas tarraconenses, o que equivale a 2.500  carros da compra.