Texto alternativo cabecera: E. Alonso (Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona) e B. Feced (Mercadona) nun momento da doazón

Mercadona doa 13.500 litros de leite ao Banco de Alimentos das Comarcas de Tarragona

26 de maio de 2020
  • En total, durante a excepcional situación ocasionada pola COVID-19, a compañía entregou preto de 450.000 quilos de produtos de primeira necesidade a varias entidades sociais e organizacións benéficas de Cataluña.
  • Reforza as doazóns de alimentos durante a excepcional situación ocasionada pola COVID-19 para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, fixo efectiva hoxe a entrega de 13.500 litros de leite ao Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona.

Esta entrega súmase ás que realiza diariamente aos comedores sociais das comarcas de Tarragona que se encontran abertos nestes momentos, e cos que colabora habitualmente, como os da Asociación Joventut i Vida i Taula Amiga (ambos os dous en Tarragona cidade), La Taulada (en Valls), Fundació Santa Teresa (en El Vendrell), e os de Cáritas e Las Hermanitas de los Pobres (en Reus), entre outras entidades sociais da demarcación, que supuxeron, ata o momento, a doazón de máis de 103.000 quilos de produtos de primeira necesidade.

A nova doazón realizada hoxe forma parte das que a compañía está levando a cabo dende o pasado 27 de marzo, dada a excepcional situación ocasionada pola COVID-19. En total, e ata o momento, entregou preto de 450.000 quilos de alimentos, tanto secos como frescos, tales como leite, legumes, carne e peixe fresco envasado, froita e verdura, iogures e sobremesas lácteas, pan de molde, cereais, e zumes e batidos refrixerados, entre outros, a diversas entidades sociais e organizacións benéficas de Cataluña, o que representa 7.600 carros da compra.

Mercadona dá resposta así ao chamamento feito polos bancos de alimentos e reforza as doazóns para axudar a paliar, na medida do posible, as demandas das persoas máis necesitadas.

Neste sentido, o presidente do Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona, Eusebio Alonso, sinalou que “hoxe recibimos de Mercadona unha doazón de 13.500 litros de leite de primeirísima calidade, que repartiremos entre as 28.500 persoas que atendemos nestes momentos”. E engadiu que a cadea de supermercados “vén, dende hai anos, mostrando a súa xenerosidade cara ás persoas con máis dificultades da sociedade, a través dos bancos de alimentos e outra entidades sociais, mediante a doazón de artigos de primeira necesidade”.

Pola súa parte, a directora de Relacións Externas de Mercadona en Tarragona, Beatriz Feced agradeceu "o traballo que están levando a cabo as entidades sociais como o Banco de Alimentos de Tarragona" e puxo de manifesto que "con esta nova doazón realizada hoxe entregaríanse arredor de 450 toneladas de alimentos a varias entidades e organizacións benéficas de Cataluña en pouco máis de oito semanas para axudar a paliar, na medida do posible, as demandas dos colectivos máis desfavorecidos nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo".

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de diferentes liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

No marco desta política, ademais da colaboración cos 4 bancos de alimentos de Cataluña e outras entidades sociais, a cadea de supermercados tamén doa produtos a 35 comedores sociais de Cataluña. A doazón realízase diariamente, de luns a sábado, grazas aos recursos loxísticos e humanos de Mercadona, que leva os produtos a cada un dos comedores sociais e os entrega nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que os voluntarios poidan preparar as comidas diarias.

De feito, durante 2019, a compañía doou a estas entidades e organizacións sociais de Cataluña máis de 1.478 toneladas de alimentos.

E. Alonso (Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona) e B. Feced (Mercadona) nun momento da doazónE. Alonso (Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona) e B. Feced (Mercadona) nun momento da doazón.

Doazón de leite de Mercadona ao Banco de Alimentos das comarcas de TarragonaDoazón de leite de Mercadona ao Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona.

Logo EActiVate