Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Doazón de Mercadona ao Banco de Alimentos das comarcas de Girona

Mercadona doa 13.500 litros de leite ao Banco de Alimentos das comarcas de Girona

20 de maio de 2019
  • No ámbito de Cataluña, a compañía entrega máis de 100.000 litros de leite enteiro Hacendado aos catro bancos de alimentos.
  • No momento do peche de 2018, Mercadona doou preto de 160.000 quilos de alimentos e outros produtos de primeira necesidade a diversas institucións e organizacións benéficas das comarcas xerundenses.

Mercadona fixo efectiva hoxe a doazón de 13.500 litros de leite enteiro da marca propia Hacendado ao Banco de Alimentos das comarcas de Girona en cumprimento do convenio de colaboración asinado por ambas as dúas partes. Esta doazón súmase á que realizará aos bancos de alimentos de Barcelona, Tarragona e Lleida ata completar os máis de 100.000 litros de leite que a compañía de supermercados doará este ano 2019.

A relación entre Mercadona e a Federación Catalá de Bancos de Alimentos, que engloba os catro bancos de alimentos,  iniciouse no ano 2010 coincidindo coa campaña de recollida de alimentos básicos en supermercados e mercados. A relación iniciada hai nove anos entre a cadea de distribución e a entidade benéfica enmárcase dende dúas vertentes: por un lado, poñer a disposición dos bancos de alimentos as tendas de Mercadona nas edicións que organizan para recadar alimentos; e, por outro lado, facer unha doazón de produtos de primeira necesidade para que os bancos de alimentos poidan distribuílos entre as persoas necesitadas a través de entidades benéficas.

Durante o acto de entrega, o presidente do Banco de Alimentos das comarcas de Girona, Frederic Gómez, sinalou que “as doazóns que fan as empresas son esenciais para poder seguir axudando ás persoas máis necesitadas, e é un exemplo a solidariedade que mostra Mercadona, ano tras ano, ben sexa con estas doazóns ou durante a Gran Recollida”. 

Neste sentido, o responsable de Relacións Externas de Mercadona en Girona, Santi Mont, agradeceu ao Banco de Alimentos "a colaboración levada a cabo para traballar xuntos na loita contra a pobreza" e manifestou que esta nova doazón de 13.500 litros de leite "é a nosa pequena contribución para axudar ás persoas que máis o necesitan do noso ámbito".

Frederic Gómez (presidente do Banco de Alimentos das comarcas de Girona) e Santi Mont (director RREE Mercadona en Girona) durante a entrega do leiteFrederic Gómez (presidente do Banco de Alimentos das comarcas de Girona) e Santi Mont (director RREE Mercadona en Girona) durante a entrega do leite.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Uno dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de todo o que recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de diferentes liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

No marco desta política, ademais da colaboración co Banco de Alimentos das comarcas de Girona, a cadea de supermercados tamén doa produtos a tres comedores sociais das comarcas xerundenses. A doazón realízase diariamente de luns a sábado, grazas aos recursos loxísticos e humanos de Mercadona, que leva a cada un dos comedores sociais os produtos e os entrega nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que os voluntarios preparen as comidas.

En total, durante 2018, Mercadona doou preto de 160 toneladas de alimentos e outros produtos de primeira necesidade a varias entidades sociais e organizacións benéficas das comarcas de Girona, o que equivale a 2.700 carros da compra.