Entrega de produtos de Mercadona ao Concello de Maó

Mercadona doa 1.000 quilos de produtos de aseo persoal e limpeza do fogar ao Concello de Maó

04 de maio de 2020
  • A compañía reforza a súa colaboración co Concello de Maó entregando produtos de aseo persoal e limpeza do fogar como cueiros, xel de ducha, lixivia, deterxente ou lavalouza á man.
  • Mercadona intensifica as doazóns de produtos de primeira necesidade durante a excepcional situación ocasionada pola Covid-19 para dar resposta ás necesidades ocasionadas por esta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo.
  • A compañía, no que vai de ano, doou a distintas entidades e organizacións sociais de Illes Balears ata 38.000 quilos de produtos e alimentos.
  • En 2019 a compañía doou un total de 125 toneladas de alimentos de primeira necesidade tan só en Illes Balears.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venta en liña,  reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Neste sentido, entregou hoxe luns unha tonelada de produtos de aseo persoal e de limpeza do fogar como cueiros, xel de ducha, lixivia ou lavalouza á man ao Concello de Maó a través da área de Servizos Sociais, froito da estreita colaboración que mantén dende o ano 2012.

Así mesmo, a compañía reforzou o seu proceso de doazóns coas entidades sociais de Illes Balears coas que colabora habitualmente, e aplicou novas medidas que garanten tanto a seguridade das persoas como a subministración destas organizacións.

Bárbara Ordás, Directora de Relacións Externas de Mercadona en Illes Balears, destaca que: “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais de Illes Balears, a quen doou 125.000 quilos de alimentos en 2019, e no que vai de ano, doou 38.000 quilos de produtos e alimentos. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo”.

Por outro lado, o alcalde Héctor Pons agradece o labor da compañía pola “colaboración desinteresada que todos os anos achega Mercadona, que redundará entre os colectivos ou persoas máis necesitadas de Maó e que ademais, este ano foi dobrada para poder seguir atendendo as necesidades das persoas máis vulnerables do noso municipio, debido en parte á situación de grande excepcionalidade na que nos encontramos”.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 240 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 4.130 toneladas de alimentos, 3.926 en España e 204 en Portugal, cantidades que se foron incrementando dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que a Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca xunto aos Provedores Totaler a conversión dos residuos en novos recursos.  Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Entrega de produtos de Mercadona ao Concello de MaóEntrega de produtos de Mercadona ao Concello de Maó

Entrega de produtos de Mercadona ao Concello de MaóEntrega de produtos de Mercadona ao Concello de Maó

Entrega de produtos de Mercadona ao Concello de MaóEntrega de produtos de Mercadona ao Concello de Maó.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará