Bloque loxístico de Mercadona en Vitoria-Gasteiz

Mercadona culmina a construción do seu bloque loxístico en Euskadi tras investir máis de 187 millóns de euros e crear 480 empregos

24 de septembro de 2020
  • En 2020 creáronse 120 empregos e investíronse 17 millóns de euros para culminar a construción.
  • Situado en Vitoria-Gasteiz o bloque loxístico abastece os supermercados de Euskadi, Navarra, La Rioja, Cantabria e Burgos.

Mercadona culminou a construción do seu bloque loxístico en Euskadi, proxecto no que investiu máis de 187 millóns de euros e creou 480 empregos estables e de calidade. O bloque loxístico está situado no polígono de Jundiz, en Vitoria-Gasteiz, e abastece os supermercados de Euskadi, Navarra, La Rioja, Cantabria e Burgos. Concretamente en 2020, creáronse 120 empregos e  investíronse 17 millóns de euros para terminar a construción.

Fran Maeztu, director de Recursos Humanos de Mercadona en Euskadi, explicou que “o noso principal obxectivo en Loxística é evitar sobreesforzos ás e aos traballadores para que desenvolvan a súa actividade con total saúde e seguridade. Ademais, tras a creación de 120 empregos este ano no noso bloque loxístico de Vitoria-Gasteiz, contamos cun cadro de persoal de 480 persoas implicadas no proxecto ás que lles ofrecemos contratos estables e indefinidos, con formación a cargo da empresa e posibilidade de promoción interna”.

Pola súa parte, Melika Dezfoli, coordinadora do bloque loxístico de Mercadona, detallou que en 2020 “se puxeron en marcha as novas naves de produtos refrixerados e de produtos secos. Esta última está totalmente automatizada e elimina os sobreesforzos en todo o proceso, dende a recepción da mercadoría ata a formación dos palés que serán expedidos ás tendas; ademais garante a correcta manipulación dos produtos e asegura a calidade destes”.

“Este bloque é unha mostra da implicación de Mercadona por contribuír ao crecemento social e económico de Euskadi”, sinalou Gorka Díaz, director de Relacións Externas de Mercadona en Euskadi.

Mercadona en Euskadi

Mercadona conta con 21 tendas en Euskadi e un cadro de persoal de 2.045 persoas con emprego estable e de calidade. A súa aposta polo produto local levoulle a realizar compras por valor de 546 millóns de euros en 2019, un 23,5% máis que o ano anterior.

Dentro da súa responsabilidade social empresarial doou 1.326 toneladas de produtos de primeira necesidade grazas á súa colaboración cos Bancos de Alimentos de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa e co comedor social Nuestra Señora de los Desamparados de Vitoria-Gasteiz. Este compromiso solidario tamén se reforzou no que vai de ano como consecuencia da situación derivada da crise sanitaria, á que a compañía respondeu cun incremento das súas doazóns que supuxo a entrega de máis de 747 toneladas de produtos de primeira necesidade durante o primeiro semestre do ano.

Bloque loxístico de Mercadona en Vitoria-GasteizBloque loxístico de Mercadona en Vitoria-Gasteiz.

Logo EActiVate