Juan Roig e membros do Comité de Dirección de Mercadona no Centro de Coinnovación de El Jarro

Mercadona crea 5.000 nuevos puestos de trabajo y factura 26.932 millones, un 5,5% más en 2020

20 de abril de 2021

En un año tan duro y complejo como el 2020, Mercadona ha logrado la mejor gestión de su historia, gracias a las 95.000 personas que forman el Proyecto Mercadona, que han demostrado con su esfuerzo y capacidad de superación, que es en los momentos excepcionales cuando surgen las personas excepcionales.

  • Mercadona creó 5.000 nuevos puestos de trabajo, una media de 16 al día, para finalizar el pasado año con una plantilla de 95.000 personas con contrato fijo.
  • Financiada con sus recursos propios, la compañía ha invertido más de 1.500 millones de euros, para acelerar la brutal transformación en la que está inmersa e impulsar un modelo de empresa más digital, productiva y sostenible.
  • Tras compartir con la plantilla 409 millones de euros en concepto de prima, cifra que representa más de un 25% del beneficio total generado, y 364 millones con la Sociedad en concepto de impuestos (un 29% más que en 2019), la compañía ha obtenido un beneficio neto de 727 millones de euros (+17%).
  • En 2020, Juan Roig y Hortensia Herrero han destinado 70 millones de euros de sus dividendos a reactivar la economía de la Comunitat Valenciana y España, y tienen previsto elevar un 45% esta contribución en 2021, hasta los 100 millones, “porque el conocimiento y el dinero dan la felicidad…si los compartes”.

Mercadona, empresa de supermercados físicos e de venda en liña, incrementou en 2020 as súas vendas consolidadas a superficie constante un 5,5 %, ata os 26.932 millóns de euros, dos que 186 millóns corresponden ás vendas das súas 20 tendas en Portugal. A compañía, ademais, obtivo un beneficio neto de 727 millóns de euros, un 17 % máis, tras compartir co cadro de persoal 409 millóns de euros en concepto de primas por obxectivos e 364 millóns de euros, un 29 % máis, coa Sociedade en concepto de impostos. Estes resultados son un claro indicador da determinación coa que Mercadona está levando a cabo a brutal transformación na que se encontra inmersa para impulsar un modelo de empresa máis dixital, produtiva e sostible.

Para iso, e co obxectivo de acelerar este decisivo cambio, Mercadona realizou un investimento de máis de 1.500 millóns de euros en 2020, un esforzo investidor con cargo aos seus recursos propios, que se enmarca no seu plan estratéxico 2018-2023.

Como resultado deste investimento, Mercadona finalizou o ano con 1.641 supermercados, tras abrir 70 supermercados, 10 deles en Portugal, e pechar 65 tendas que non se axustaban ao seu novo modelo máis eficiente e sostible. Igualmente, mantivo o proceso de renovación da súa rede de supermercados e finalizou o ano con 1.000 supermercados adaptados ao Novo Modelo de Tenda Eficiente (Tenda 8), tras reformar 152 tendas. A compañía tamén continuou coa implantación da nova sección de "Listo Para Comer" (“Pronto a Comer” en Portugal), o que lle permitiu finalizar o exercicio con 650 tendas coa nova sección, 20 delas en Portugal.

5.000 novos postos de traballo creados. Unha media de 16 novos empregos ao día

O esforzo investidor realizado, ademais de xerar riqueza e actividade, materializouse na creación de 5.000 postos de traballo estables e de calidade, 4.200 en España e 800 en Portugal, ata finalizar cun cadro de persoal de 95.000 persoas, 93.300 en España e 1.700 en Portugal.

Co obxectivo de seguir impulsando con feitos, iniciativas pioneiras en materia de calidade laboral e conciliación, Mercadona seguiu avanzando coa implantación dunha nova xornada laboral de cinco días para o persoal dos seus supermercados. Esta medida, coñecida internamente como Xornada 5+2 permítelle ao persoal das tendas descansar dous días completos á semana, e gozar tamén de oito fins de semana longas (sábado, domingo e luns) ao ano. Neste sentido, a compañía deu un paso máis para avanzar en materia de conciliación, e todas as empregadas e empregados das tendas contan cun calendario anual con todos os seus días libres planificados, unha ferramenta innovadora dentro do sector da distribución.

Xestión da COVID-19: Nos momentos excepcionais xorden as persoas excepcionais

Para facer fronte á situación derivada do Estado de Alarma iniciado o 14 de marzo de 2020, Mercadona adaptou en 36 horas os seus máis de 1.600 supermercados e o resto das instalacións loxísticas, Colmeas (almacéns exclusivos para a venda en liña) e oficinas, con dous obxectivos principais: protexer a saúde e a seguridade dos “Xefes” (que é como internamente chama aos clientes) e dos 95.000 traballadores, e garantir a subministración, tras formar parte dun sector, o da distribución, que se declarou servizo esencial.

A compañía implantou máis de 100 iniciativas, cun custo de 200 millóns de euros, para facer efectivo este compromiso. Para garantir a saúde e a seguridade facilitou elementos de hixiene e prevención, como xel desinfectante, papel e guantes, e incrementou os procesos de desinfección e limpeza. Ademais de proporcionar ás traballadoras e aos traballadores máscaras e lentes protectoras, e instalar nas caixas láminas de protección de metacrilato. Tamén decidiu paralizar servizos como a telecompra, pedidos en liña preparados e servidos dende as tendas, Listo para Comer, o xamón cortado con coitelo ou o zume de laranxa acabado de espremer; e redeseñou algúns negocios, entre os que se encontra o forno. Entre os meses de agosto e outubro, estes servizos fóronse reactivando progresivamente, unha vez que as condicións de saúde e seguridade para os “Xefes”, traballadoras e traballadores o permitiu.

Igualmente, e co obxectivo de que o cadro de persoal se sinta sanitariamente seguro, desenvolveu dende os departamentos de recursos humanos e informática un servizo adicional telefónico chamado 3C (Call Center COVID), que deu información 24 horas ás traballadoras e traballadores de Mercadona ante calquera dúbida sobre a enfermidade.

Grazas á implicación do cadro de persoal, a compañía puido superar dende o inicio da pandemia os diferentes escenarios aos que se enfrontou. Por iso, no mes de abril de 2020, e para recoñecer o esforzo extraordinario que as 95.000 persoas que compoñen o cadro de persoal estaban realizando para satisfacer “O Xefe”, repartiuse unha prima extraordinaria de 43 millóns de euros.

Tamén e co obxectivo de dotar de maior liquidez aos provedores, ampliáronse as liñas de confirming por valor de 2.100 millóns de euros con varias entidades bancarias. Desta maneira, adiantáronse pagamentos a provedores e facilitouse o acceso ao financiamento, contribuíndo a garantir o abastecemento e a estabilidade dun cadro de persoal conxunto de máis de 600.000 persoas. Un compoñente, o Provedor, que realizou un esforzo constante para continuar a súa actividade e axudar a que a roda da economía no parase.

Consciente do impacto social que a COVID-19 está xerando e das súas consecuencias sociais e económicas, a compañía reforzou o seu compromiso solidario en 2020 para ofrecer unha resposta áxil e decidida ás demandas das persoas máis desfavorecidas. Fíxoo coa maior doazón de alimentos realizada por Mercadona ata o momento, tal e como corresponde a un momento excepcional como o que se está vivindo: 17.000 toneladas de produtos durante estes doce meses a comedores sociais, bancos de alimentos e outras entidades benéficas, das cales 15.800 se repartiron en España e 1.200 en Portugal. Estas doazóns supoñen duplicar as realizadas en 2019, e repartíronse entre 290 comedores sociais, máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais e organizacións benéficas. Ademais, a compañía realizou outras axudas especialmente relevantes, como as entregas de alimentos levadas a cabo entre marzo e abril ao hospital de campaña habilitado pola Comunidade de Madrid en Ifema.

Juan Roig, presidente de Mercadona, sinala que “2020 foi un ano duro, raro e difícil, que nos permitiu reafirmarnos en que a verdadeira forza da transformación da compañía son as persoas que formamos este proxecto; todos fomos capaces, a pesar dos momentos de incerteza, de vencer os nosos medos, tomar decisións valentes e traballar en equipo para abrir os máis de 1.600 supermercados da compañía todos os días. É nos momentos excepcionais cando xorden as persoas excepcionais; o esforzo persoal e a capacidade de superación das 95.000 que conforman o noso cadro de persoal, dos 3.000 provedores e dos seus traballadores, son un referente e un exemplo para a sociedade”.​

A mellor xestión da historia de Mercadona. Transformación dixital e sostibilidade

Para avanzar con firmeza na súa transformación dixital, durante 2020, Mercadona continuou traballando no desenvolvemento do seu servizo de compra en liña, que iniciou en 2018, coa apertura, o pasado mes de abril de 2020, e en pleno confinamento, da súa nova Colmea en Madrid. O novo centro de distribución en liña supuxo un investimento de 12 millóns de euros e únese ás Colmeas que a compañía ten situadas en Barcelona e Valencia. Este continuo traballo de adaptación das máis de 1.400 persoas que forman Mercadona Online para continuar conectadas e adiantarse ás necesidades do “Xefe” en liña, levou á compañía a alcanzar os 176 millóns de euros de ingresos a través desta canle.

Ademais, a compañía seguiu reforzando a súa produtividade e a seguridade da información dotando o seu sistema informático das tecnoloxías máis avanzadas. Para iso, investiu 18 millóns de euros para finalizar a migración dos procesos financeiros, tales como as vendas na tenda, os pagamentos a provedores e a xestión da tesourería ao sistema SAP S/4HANA e SAP Fiori, co obxectivo de optimizalos ao homoxeneizar aplicacións e un gran volume de información máis accesible dende a nube. Así mesmo, finalizou e traspasou os programas informáticos ao Centro de Proceso de Datos en Villadangos del Páramo (León).

Consciente da necesidade de acelerar e contribuír a seguir coidando o planeta, a pandemia non freou a compañía, que continuou apostando polas enerxías renovables e seguiu investindo por medio dunha estratexia sostible. Ao longo do ano, instalou placas solares en 8 centros e desenvolveu a loxística verde para seguir diminuíndo as súas emisións, ademais de adherirse á iniciativa Lean & Green, impulsada pola AECOC para alcanzar en 2023 un descenso acumulado do 30 % de emisións. Tamén acelerou o compromiso de ir cara a unha Mercadona máis verde, activando en máis de 70 tendas a súa Estratexia 6.25: seis accións co triplo obxectivo de, para 2025, reducir un 25 % o plástico, facer todos os envases reciclables e reciclar todos os residuos plásticos. Un proxecto hoxe presente en máis de 600 tendas onde, ademais de informar e formar aos seus clientes e traballadores sobre reciclaxe e sostibilidade, infórmaos dos seus feitos.

Un investimento de 1.500 millóns de euros en 2021 para activar a economía

Mercadona vai seguir impulsando o seu plan de transformación 2018-2023 e, para iso, ten previsto investir 1.500 millóns en 2021, que destinará, principalmente, á apertura de 97 novos supermercados, 88 en España e 9 en Portugal; á reforma de 88 supermercados para adecualos ao Novo Modelo de Tenda Eficiente (Tenda 8); e á implantación da nova sección de Listo Para Comer/Pronto a Comer a outros 200 supermercados. Ademais, seguirá optimizando a súa rede loxística coa reforma e inauguración de novos bloques loxísticos e destinará importantes recursos á transformación dixital, outro dos retos da compañía, así como a reforzar o modelo en liña. Para todo iso, a compañía creará máis de 1.600 postos de traballo estable e de calidade en 2021, entre España e Portugal.

O presidente de Mercadona, Juan Roig, manifestou que “2021 e 2022 van ser anos moi difíciles, e aínda que hai moitas incertezas, hai máis gana de seguir superándoas. Por iso, o noso compromiso, do que me sinto orgulloso, é continuar dando o mellor de cada un de nós sen esperar a que ninguén nolo pida, convencido de que se os 95.000 remamos como sabemos, conseguiremos o que nos propoñamos. Porque ademais do talento do extraordinario equipo que formamos e dos importantes avances que estamos facendo en dixitalización, unha empresa necesita un liderado capaz de facer todos os cambios necesarios; se non, desaparecerá. Cambios que pasan por facer o que faga falta para garantir unha calidade contundente a un prezo imbatible, e continuar avanzando en promover un ecosistema de valores e accións centradas en beneficiar as persoas, a sociedade e o planeta”.

Proxecto Legado Juan Roig e Hortensia Herrero

Juan Roig tamén detallou como, tanto el como a vicepresidenta de Mercadona, Hortensia Herrero, comparten e reinvisten na sociedade unha parte importante dos dividendos provenientes da súa participación en Mercadona e do seu patrimonio persoal: 70 millóns de euros en 2020, un 40 % máis, a través do Proxecto Legado nas súas diferentes iniciativas (Emprendemento, Formación, Deporte, Entretemento, Arte e Cultura); e 100 millóns previstos en 2021.

Este compromiso, que se iniciou hai máis dunha década, nace do convencemento por parte dos dous de que “o coñecemento e o diñeiro dan a felicidade… se os compartes”. E no seu caso, a través de distintos proxectos sostibles e solidarios, como son, Marina de Empresas, Fundación Trinidad Alfonso, Valencia Basket Club, L’Alqueria del Basket, Licampa 1617 (Casal España Arena de València) e Fundación Hortensia Herrero.

Feitos relevantes en Mercadona 2020

Juan Roig, presidente de Mercadona, tras a celebración da Rolda de Prensa 2020Juan Roig, presidente de Mercadona, tras a celebración da Rolda de Prensa 2020.

Juan Roig, presidente de Mercadona, tras a celebración da Rolda de Prensa 2020Juan Roig, presidente de Mercadona, tras a celebración da Rolda de Prensa 2020.

Juan Roig e membros do Comité de Dirección de Mercadona no Centro de Coinnovación de El Jarro en Paterna, ValenciaJuan Roig e membros do Comité de Dirección de Mercadona no Centro de Coinnovación de El Jarro en Paterna, Valencia.

Memoria Anual 2020

Descargar

Imaxe cabeceira: Juan Roig e membros do Comité de Dirección de Mercadona no Centro de Coinnovación de El Jarro en Paterna, Valencia.