- Ofrece emprego estable e de calidade, un plan de carreira e destinará máis de 50.000 euros á formación de cada seleccionado.
- Os candidatos poden enviar os seus CV a través de Indeed, ou por medio das distintas universidades portuguesas que colaboran neste proceso de selección.
Mercadona vai iniciar a incorporación e contratación dos 120 primeiros novos directivos que liderarán o proxecto da cadea en Portugal. En concreto, e co propósito de estar presente nos dous territorios máis relevantes deste país, 60 deles trababarán en Lisboa e outros 60 estarán no Porto.
Co inicio deste proceso configúrase gran parte da estrutura e as posicións chave da organización en Portugal, créanse as bases precisas para que Mercadona bote a andar un equipo humano que medre profesionalmente e demostre o compromiso da cadea co emprego estable e de calidade neste país.
Os novos directivos estarán inmersos durante 18 meses nun programa de formación propio en que Mercadona investirá máis de 50.000 euros por traballador. Durante este proceso recibirán formación específica no Modelo de Calidade Total de Mercadona, habilidades directivas e liderado, e terán un proceso de inmersión nos diversos departamentos da empresa.
“Tamén en Portugal aspiramos a ser unha empresa referente na xeración de emprego estable e de calidade. É por iso que desde Mercadona agradecemos ás diferentes universidades portuguesas que colaboran no proceso de selección a oportunidade que nos ofrecen para captar excelente talento humano e a súa capacidade para identificar profesionais que conecten cos nosos valores”, sinalou Javier Casans, director de formación RRHH de Mercadona.
Requisitos e inscrición
Para cubrir estes postos de traballo a compañía procura perfís de licenciado con posgrao ou master en Economía, Administración de Empresas, Dereito, Arquitectura e Enxeñería, que teñan carné de conducir e dispoñibilidade para viaxar de forma habitual.
Os interesados poden enviar o seu currículo a través do portal de www.mercadona.es ou da plataforma Indeed. Aínda, a compañía colabora neste proceso de selección con diferentes universidades portuguesas.
Proxecto de Mercadona en Portugal
Mercadona anunciou recentemente a posta en andamento do seu plan de internacionalización coa entrada no mercado portugués. O seu obxectivo é abrir as catro primeiras tendas en 2019. A empresa prevé investir nun principio 25 millóns de euros e estima crear ao redor de 200 postos de traballo nesta primeira fase de expansión.
Aposta sostida polo crecemento profesional e a conciliación
Mercadona ten previsto consolidar en Portugal o seu modelo de RRHH, un modelo que aposta polas persoas e polo seu desenvolvemento profesional, baseado en postos de traballo estables e de calidade e que promove a equidade, a conciliación e a promoción interna. Estas características contribuíron a que, desde hai anos, a compañía sexa recoñecida no ámbito laboral, tal e como demostran diferentes estudos de referencia como o MERCO Personas ou o estudo sobre a Situación de Conciliación en España, elaborado polo Instituto Internacional de Ciencias Políticas, que a recoñecen como unha das compañías de referencia na xestión dos Recursos Humanos e a primeira do sector da distribución.
PRINCIPAIS FITOS | 2015 |
---|---|
Promoción interna | 338 persoas promovidas |
Plan de Igualdade | 51% dos postos promovidos son mulleres |
Investimento en formación | 39 millóns de euros |
Plans de formación | 10.623persoas participaron en plans de formación |
Conciliación | 15.630traballadores gozaron de xornadas reducidas |
Protección da maternidade | 2.769 traballadoras gozaron de 1 mes máis de baixa maternal |
Prima por obxectivos | 277 millóns de euros repartidos entre o cadro de persoal |