Entrada exterior tenda Mercadona

Mercadona continúa sendo a empresa máis responsable do sector da distribución segundo o monitor empresarial MERCO

12 de xaneiro de 2021
  • A compañía, que ocupa a segunda posición na clasificación xeral de 2020, situouse no podio da clasificación dende que se comezou a realizar en 2011.
  • A Clasificación Xeral de Empresas Responsables e con Goberno Corporativo 2020 de Merco contou coa valoración de máis de 10.000 persoas.

Mercadona volve posicionarse como a empresa máis responsable do sector da distribución xeralista en España e a segunda a nivel xeral, tal e como se observa nos resultados da “Clasificación Xeral de Empresas Responsables e con Goberno Corporativo 2020” elaborada polo Monitor de Reputación Corporativa (MERCO).

Para a elaboración do estudo participaron máis de 10.000 persoas de perfís distintos: expertos en responsabilidade social empresarial, directivos de grandes empresas, analistas financeiros, xornalistas, responsables de sindicatos e asociacións de consumidores, social media managers e cidadáns. Como novidade, nesta edición de Merco avaliouse a xestión da pandemia da Covid-19 por parte das empresas que compoñen a clasificación.

Dende que comezou a publicarse en 2011, Mercadona estivo entre as tres empresas mellor valoradas a nivel global, converténdose nun indicador de gran valor para a xestión da reputación corporativa da compañía. Con motivo da 10.ª edición de Merco Responsabilidade e Goberno Corporativo, realizouse unha clasificación extraordinaria acumulada que recoñece as 20 empresas máis responsables, na que Mercadona ocupa a primeira posición.

Como vén sendo habitual, a valoración realízase en distintas fases e son os directivos empresariais os que comezan respondendo o cuestionario para que, despois, os expertos e os cidadáns valoren as empresas. Toda esta información serve para obter a clasificación provisional, que culmina na versión final cando o persoal técnico do equipo de Análise e Investigación realiza a avaliación final baseándose en méritos de responsabilidade corporativa.

Mercadona agradece e séntese moi orgullosa destes resultados, que son un recoñecemento ao esforzo realizado todos os días pola compañía e polas máis de 90.000 persoas que a compoñen para lograr o obxectivo de “ser unha empresa que a xente queira que exista e sinta orgullo dela”.

Non obstante, Mercadona tamén é plenamente consciente de que queda moito por mellorar en ámbitos como a dixitalización e a xestión medioambiental. Por iso, a compañía xa puxo en marcha iniciativas para desenvolver estes compromisos a través de feitos. Proba diso é a Estratexia 6.25, unha iniciativa sostible impulsada por Mercadona co triplo obxectivo de conseguir en 2025 reducir o 25 % de plástico, que todos os envases de plástico dos supermercados da cadea sexan reciclables e reciclar todo o residuo plástico producido pola compañía.

Monitor Empresarial de Reputación Corporativa (MERCO)

MERCO é un dos principais monitores de Reputación Corporativa de España e Latinoamérica. Esta organización, que se encarga de avaliar a reputación das empresas dende 1999, non recibe subvención nin patrocinio público nin privado, e a súa única fonte de financiamento é a comercialización de informes.

Logo EActiVate