Mural de trencadís na peixería dun supermercado Mercadona

Mercadona consolida a innovación social das súas tendas con máis de 1.650 novos murais de trencadís realizados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual

09 de xaneiro de 2018
  • En 2017 Mercadona investiu máis de 1,5 millóns de euros na nova imaxe do trencadís que enfeita a peixería e o punto de acabado da carne das novas tendas eficientes da compañía.
  • Mercadona, xunto con Pamesa Cerámica, reforza o proxecto dos mosaicos iniciado en 2011 coa colaboración de máis de 27 fundacións e centros ocupacionais.
  • As persoas con discapacidade intelectual son as encargadas de elaborar estes novos murais, grazas aos que teñen a posibilidade de se formar, traballar e desenvolver as súas capacidades de concentración e mais de traballo en equipo.

Vídeo en español

Mercadona, empresa de supermercados de capital 100% español e familiar, fai da innovación social un factor prioritario e visible no seu Novo Modelo de Tenda Eficiente. Ao peche do 2017, en colaboración de máis de 27 fundacións e centros ocupacionais, ten implantado máis de 1.650 novos murais para enfeitar a peixería e o punto de acabado da carne das súas tendas.

Para isto, Mercadona investiu o ano pasado máis de 1,5  millóns de euros nesta iniciativa que volve as súas tendas espazos de innovación social. Grazas a este proxecto  máis de 1.000  persoas con discapacidade intelectual teñen a posibilidade de se formar, traballar e fomentar as súas capacidades de esforzo, concentración e traballo en equipo. Un labor creativo e de grande habilidade que se integra, como unha iniciativa social e sostible, dentro de todo o proceso de transformación do Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona. Os novos murais de trencadís presentan agora un deseño máis amplo e en sintonía coa nova imaxe das tendas.

Estes paneis decorativos son confeccionados coa técnica trencadís que emprega anacos rotos de cerámica subministrados ás entidades sociais por Pamesa Cerámica, e cos que estas persoas realizan integramente o mural.

Ana Zambrana, directora do Centro de Ocupación La Xara, sinala que “nos sumamos a este proxecto porque estes murais dan a oportunidade de lle demostrar á sociedade que as persoas con discapacidade intelectual son tan capaces como o resto da población. É unha ocasión para llelo mostrar aos milleiros de clientes que os ven acotío nas tendas de Mercadona”.

Pola súa parte Arantxa Roig, directora da Fundación Roig Alfonso, que leva desde o comezo no proxecto, considera que esta iniciativa “facilita a integración socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual. O seu nivel de autoestima e de autoconfianza vese reforzado ao ver como os clientes de Mercadona admiran o seu traballo, considerándoos uns verdadeiros artistas”.

Un proxecto cunha longa traxectoria

Este proxecto, que nace no 2011 da man de Mercadona e mais de Pamesa Cerámica, ten a súa orixe na tenda que a compañía de supermercados posúe na rúa Roger de Lauria de Valencia, onde se instalou o primeiro mural de trencadís. Desde entón e até o 2017, máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual teñen traballado na realización de máis de 5.000 murais diferentes que hoxe son un símbolo diferencial nas tendas de Mercadona.

Actual deseño dos murais de trencadís que enfeitan as tendas do novo Modelo de Tenda EficienteActual deseño dos murais de trencadís que enfeitan as tendas do Novo Modelo de Tenda Eficiente.

Tradicional deseño dos murais de trencadís que enfeitan as tendas de Mercadona desde o 2011Tradicional deseño dos murais de trencadís que enfeitan as tendas de Mercadona desde o 2011.