AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Manga cultivada por provedores de Málaga

Mercadona comprou este ano 3.000 toneladas de manga a provedores de Málaga, un 30% máis

26 de decembro de 2018
  • A compañía finaliza a campaña de manga de orixe malagueña, que foi comercializada nos supermercados da Península e Baleares.
  • Mercadona comproulle para esta campaña manga ao seu interprovedor Frutas Montosa, con sede en Cajiz, e aos provedores SAT Trops, Tropical Millenium, Exceltrop e Provelpack, todos eles de Vélez-Málaga.

A cadea de supermercados Mercadona comercializou este ano manga procedente da provincia de Málaga nas súas tendas da Península e Baleares. A aposta da compañía polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, propiciou que nesta última campaña, que finalizou o pasado 14 de decembro, comprara máis de 3.000 toneladas de manga a provedores malagueños, un 30% máis que na campaña anterior.

En concreto, a compañía comproulle para esta campaña manga ao seu interprovedor Frutas Montosa, con sede no municipio malagueño de Cajiz, e aos provedores SAT Trops, Tropical Millenium, Exceltrop e Provelpack, todos eles con sede en Vélez-Málaga.

Entre as principais propiedades da manga está a súa acción antioxidante e anticanceríxena. Polo seu contido en vitamina A é importante para a saúde. Ten acción beneficiosa na pel, na vista, no pelo e no sistema inmunolóxico. Tamén polo seu contido en vitamina C axuda na absorción de ferro e na formación de glóbulos vermellos. Así mesmo, a manga ten propiedades dixestivas porque o seu alto contido de magnesio e fibra teñen un  efecto saciante beneficioso para persoas con exceso de peso e diabete.

Salsa de manga froito da aposta pola innovación

Mercadona conta na súa oferta cunha salsa de manga elaborada polo seu interprovedor Frutas Montosa. Trátase dun produto fresco e san, exemplo da aposta de Mercadona e do seu interprovedor pola innovación orientada a ter produtos coa mellor relación calidade/prezo do mercado para os seus clientes.

Aposta polos produtos frescos de proximidade

Mercadona realizou en 2017 compras a provedores da provincia de Málaga por valor de 738 millóns de euros, un 38% máis que en 2016.