Cogombro dispoñible na sección Froita e Verdura de Mercadona

Mercadona compra més de 21.300 tones de cogombre d'origen nacional per a 2020, un 4 % més que en 2019

01 de xuño de 2020
  • En la seua aposta per la fruita i verdura de proximitat, la companyia aposta tot l'any pel cogombre 100 % nacional cultivat a Andalusia, la Regió de Múrcia i la Comunitat de Madrid.
  • La companyia va comprar aproximadament 20.500 tones de cogombre en 2019.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, provoca que a compañía teña previsto comprar máis de 21.300 toneladas de cogombro de orixe nacional para 2020, aproximadamente un 4 % máis que en 2019, cando a compañía comprou aproximadamente 20.500 toneladas.

Para abastecer deste produto ás máis de 1.600 tendas que Mercadona ten situadas en España e en Portugal, a compañía colabora durante todo o ano con provedores locais, cuxos campos se sitúan en Andalucía, na Rexión de Murcia e na Comunidade de Madrid.

Comprometidos cos produtos de orixe nacional

En 2019 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 19.970 millóns de euros. Grazas aos acordos comerciais da compañía co sector primario, Mercadona colabora con 9.500 agricultores, 12.000 pescadores e 6.700 gandeiros. Ademais, a compañía apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”.

Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Cogombro dispoñible na sección Froita e Verdura de MercadonaCogombro dispoñible na sección Froita e Verdura de Mercadona.

Foto de arquivo das instalacións dun provedor de MercadonaFoto de arquivo das instalacións dun provedor de Mercadona.

Logo EActiVate