Allo seco da sección Froita e Verdura de Mercadona

Mercadona compra máis de 6.500 toneladas de allo seco de orixe nacional para este ano

21 de abril de 2020
  • Trátase dun allo da variedade morada que se comercializa nunha malla de 400 gramos e de 250 gramos.
  • Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade, o allo seco que se vende nas máis de 1.600 tendas de Mercadona é de orixe nacional durante todo o ano.
  • A compañía vendeu aproximadamente 6.000 toneladas de allo seco en 2019.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, provocou que a compañía comprara 6.500 toneladas de allo seco de orixe nacional para a campaña deste ano. Trátase dun allo da variedade morada, dispoñible na sección Froita e Verdura, e que se comercializa nunha malla de 400 gramos e de 250 gramos.

A compañía, que vendeu en 2019 aproximadamente 6.000 toneladas de allo seco, traballa sempre con provedores de orixe nacional para ofrecer este produto en todas as súas tendas. En concreto, con J.A. Corell SL, situado en Minaya, (Albacete); Producciones Agrícolas Cordobesas SL, situado en Cabra (Córdoba); Cebollas Tara SL, situado en Requena (Valencia); SDAD Coop. del Campo San Isidro El Santo e Actividades de Producción y Comercialización La Veguilla, situados estes dous en Las Pedroñeras (Cuenca).

Comprometidos cos produtos de orixe nacional

En 2019 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 19.970 millóns de euros. Grazas aos acordos comerciais da compañía co sector primario, Mercadona colabora con 9.500 agricultores, 12.000 pescadores e 6.700 gandeiros. Ademais, a compañía apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de temporada”.

Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Allo seco dispoñible na sección Froita e Verdura de MercadonaAllo seco dispoñible na sección Froita e Verdura de Mercadona.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará