Patacas de Álava en Mercadona

Mercadona compra máis de 495.000 quilos de pataca de Álava, un 70% máis que a campaña anterior

03 de maio de 2019
  • Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade a pataca de Álava, con Euskolabel e do provedor Udapa S. Coop., vendeuse nas súas tendas de Euskadi e Navarra entre setembro e abril.
  • Nos últimos cinco anos Mercadona adquiriu 1,2 millóns de quilos de pataca de Álava con Euskolabel.

A aposta de Mercadona polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, provocou que a cadea de supermercados compre 495.000 quilos de pataca de Álava con Euskolabel durante esta campaña, o que supón un incremento do 70% respecto da campaña anterior. A pataca, do provedor alavés Udapa S.Coop., vendeuse nos seus supermercados de Euskadi e Navarra entre setembro de 2018 e abril de 2019, datas de duración da campaña.

Así, nos últimos cinco anos Mercadona adquiriu 1,2 millóns de quilos de pataca de Álava con Euskolabel; incrementou as compras deste produto paulatinamente, en relación co seu crecemento en Euskadi.

Todo iso reflicte a importancia que Mercadona outorga a traballar conxuntamente co sector primario, para avanzar cara a unha Cadea Agroalimentaria Sostible. Por iso, mantén acordos estables con 9.000 agricultores, 5.500 gandeiros e 12.000 pescadores.

Mercadona mantén relación comercial con 1.308 pemes vascas e en 2018 realizou compras a provedores vascos por valor de 442 millóns de euros, o que supuxo un incremento do 4,5% respecto ao ano anterior. Así mesmo, investiu 73,5 millóns de euros en Euskadi.

Mercadona en Euskadi

Mercadona conta con 18 tendas en Euskadi (cinco en Vitoria-Gasteiz, unha en Barakaldo , Basauri, Santurtzi, Berango e Leioa, tres en Bilbao e unha en Irun, Eibar, Oiartzun, Donostia / San Sebastián e Elgoibar) e un cadro de persoal de 1.640 persoas con emprego estable e de calidade.

Durante 2019 ten previsto abrir dous supermercados máis, en Gernika-Lumo e Galdakao. Ademais de concluír a reforma de todas as tendas situadas en Vitoria-Gasteiz e iniciar reformas en Bizkaia e Gipuzkoa, para adaptar os seus centros vascos ao Novo Modelo de Tenda Eficiente da compañía, que supón un aforro enerxético de ata o 40%, respecto dunha tenda tradicional, e incorpora múltiples melloras para traballadores e clientes. A nova sección “Listo para Comer”, de comida acabada de facer, estará dispoñible en 10 supermercados vascos ao longo de 2019.

Iniciou a segunda fase da construción do seu bloque loxístico en Vitoria-Gasteiz, que abastece os supermercados de Euskadi, Navarra, La Rioja, Cantabria e Burgos. Para iso, investiu 56 millóns de euros, en 2018, destinados a poñer en marcha a área de conxelados e a iniciar a construción dunha planta de elaboración de pan e unha nova nave de secos, totalmente automatizada.

Dentro da súa responsabilidade social empresarial, a súa colaboración con organizacións sociais vascas traduciuse na doazón de 921 toneladas de produtos de primeira necesidade. Mantivo colaboracións cos Bancos de Alimentos de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa, co comedor social Nuestra Señora de los Desamparados de Vitoria-Gasteiz.