Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Cultivo de kiwis en Galicia

Mercadona compra máis de 4.600 toneladas de kiwis galegos durante a última campaña

04 de xuño de 2018
  • A compañía incrementou un 33% a compra de kiwi procedente de Galicia respecto á campaña anterior.
  • O kiwi é un alimento rico en vitamina C, fibra e antioxidantes.

Mercadona comprou 4.660 toneladas de kiwis galegos durante a última campaña a Kiwi Atlántico, un dos maiores produtores de kiwi de España situado en Ribadumia. Esta cifra foise incrementando co paso dos anos, só con respecto á campaña anterior supón un 33% de incremento.

Galicia mantense como a comunidade con maior produción de kiwi de España. Anualmente cultívanse en terras galegas 16.000 toneladas de kiwis, o que supón o 55% da produción nacional. Esta situación vén favorecida polas condicións climatolóxicas na comunidade que favorecen a produción desta froita.

O kiwi é un alimento cun alto contido en vitamina C e tamén contén fibra, antioxidantes, potasio e ácido fólico.

Mercadona en Galicia

En 2017 Mercadona realizou compras por valor de 1.256 millóns de euros en produtos galegos, entre eles numerosas variedades de produtos hortofrutícolas: cebola chata, amorodos ou  grelos. Isto é unha mostra do compromiso da compañía co sector primario da comunidade, dentro dun Modelo que aposta por dispoñer de produtos frescos de tempada e proximidade.