Campaña orixe nacional de laranxas e mandarinas 2020 en Mercadona

Mercadona compra máis de 200.000 toneladas de laranxas e mandarinas nacionais

02 de novembro de 2020
  • Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade, a compañía incorpora ao longo desta semana en toda a cadea laranxas e mandarinas producidas na Comunitat Valenciana, Región de Murcia, Andalucía, Catalunya e Canarias.
  • Fontestad Citrus, Frutinter, Martinavarro, Frutas Tono, Bollo International Fruits, Bagu, Dracma e Anecoop, provedores de laranxa e mandarina súmanse aos máis de 350 provedores de froitas e verduras cos que a compañía colabora.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ten previsto comprar máis de 200.000 toneladas de laranxas e mandarinas de orixe nacional en 2020. O maior volume é de laranxas, que se estima que alcancen as 160.000 toneladas, mentres que o de mandarinas será máis de 45.000 toneladas.

As laranxas de Mercadona véndense tanto a granel como en redes de 3 a 5 quilos, e as mandarinas están dispoñibles a granel, en redes de 1 e 2 quilos, ademais de como mandarina folla; procedentes da Comunitat Valenciana, Andalucía, Región de Murcia, Catalunya e Canarias.

As laranxas mandarinas de Mercadona proveñen dos provedores Fontestad Citrus, Frutinter, Martinavarro, Frutas Tono, Bollo International Fruits, Bagu, Dracma, Anecoop e SAT Canarisol.

As mandarinas están dispoñibles e as laranxas, que xa se venden nas tendas servidas polos bloques loxísticos de Ribarroja (Valencia), San Isidro (Alacant) e Huévar (Sevilla), irán entrando de forma progresiva durante esta semana no resto da cadea.

Froitas e verduras de tempada

Mercadona apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”. Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Laranxas orixe nacional de MercadonaLaranxas orixe nacional de Mercadona.

Mandarinas orixe nacional na sección de Froita e Verdura de MercadonaMandarinas orixe nacional na sección de Froita e Verdura de Mercadona.

Mandarinas orixe nacional de Mercadona no campoMandarinas orixe nacional de Mercadona no campo.

Logo EActiVate