Chirimoia de orixe española en Mercadona

Mercadona compra máis de 1.500 toneladas de chirimoia de orixe española, un 25 % máis que en 2019

19 de novembro de 2020
  • En su apuesta por la fruta y verdura de proximidad, la compañía incorpora en las tiendas donde hay hábito de consumo chirimoya cultivada en Andalucía.
  • La chirimoya es rica en agua, vitamina C y potasio, con un bajo nivel de grasas y proteínas, pudiéndose tomar como postres en forma mousse, helado o batidos, además de directamente con cuchara.
  • Los proveedores andaluces Frutas Rafael Manzano (Granada), Frutas H. Fajardo, (Molvízar, Granada), Alhóndiga la Unión (El Ejido, Almería) y Frutas Los Cursos (Almuñécar, Granada) surten de esta fruta cuya temporada va de septiembre a diciembre.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, compra máis de 1.500 toneladas de Chirimoias Orixe España da variedade Fino de Jete para a tempada 2020, que vai de setembro a decembro. Isto supón un aumento do 25 % respecto a 2019 e está en liña coa aposta da compañía polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade.

A Chirimoia Orixe España de Mercadona é rica en auga, vitamina C e potasio. Ten un baixo nivel de graxas e proteínas, ademais dun alto nivel de glicosa e frutosa. Aínda que se utiliza para sobremesas como mousse, xeado ou batidos, tamén se pode consumir directamente con culler.

Esta froita está dispoñible nas tendas onde hai hábito de consumo, situadas principalmente en Castilla y León, Madrid, Castilla-La Mancha, Comunitat Valenciana, Extremadura, Murcia, Andalucía, Baleares e Portugal, e provén de campos de Granada, coa colaboración dos provedores andaluces Frutas Rafael Manzano (Granada), Frutas H. Fajardo, (Molvízar, Granada), Alhóndiga la Unión (El Ejido, Almería) e Frutas Los Cursos (Almuñécar, Granada)

Froitas e verduras de tempada

Mercadona apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”. Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Chirimoia de orixe España, na sección de Froita e Verdura de MercadonaChirimoia de orixe España, na sección de Froita e Verdura de Mercadona.

Logo EActiVate