Aguacates na rama dunha árbore

Mercadona compra 6.700 toneladas de aguacate a provedores das provincias de Málaga e Granada

28 de xuño de 2018
  • A compañía incrementou en máis dun 17,5% as súas compras na presente campaña, que arrancou en decembro e rematou a principios de maio.
  • O aguacate, subministrado polo interprovedor Frutas Montosa, comercializouse en todas as tendas da cadea na Península e nas illas Baleares.

A aposta de Mercadona polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade impulsou que a cadea de supermercados comprase na presente campaña máis de 6.700 toneladas de aguacate a produtores das provincias de Málaga e Granada a través do seu interprovedor Frutas Montosa, cifra que representa un 17,5 % máis que a campaña anterior.

Este incremento é froito da compra de 4.400 toneladas de aguacates para granel e paquetes de 4 unidades, ademais de 2.300 toneladas de aguacates para poder elaborar as terrinas de guacamole que pon en valor a froita de calibres menos comerciais para a venda directa na distribución, pero aptos para a industria.

Nesta campaña, que arrancou no mes de decembro (cando a froita alcanzou os niveis óptimos de madurez e sabor) e finalizou a principios do mes de maio, Mercadona comercializou aguacate procedente de Málaga e Granada en todos os supermercados da cadea na Península e nas illas Baleares.

O aguacate é un froito moi versátil que, polo seu sabor, permite infinidade de combinacións á hora de introducilo en distintos tipos de receitas: doces, salgadas ou picantes. Ademais, ofrece moitas propiedades beneficiosas para o organismo. Un dos beneficios máis recoñecidos é a regulación do colesterol grazas ao ácido oleico que posúe. O aguacate achega, ademais de auga, proteínas, carbohidratos, fibras, vitaminas, minerais e unha pequena proporción de azucre natural. Actúa como unha boa froita antioxidante xa que é rico en vitamina C e vitamina A.

As compras de Mercadona a provedores da provincia de Málaga ascenderon o ano pasado a 738 millóns de euros, cifra que supera nun 38% a do exercicio anterior grazas, en gran medida, á colaboración con interprovedores e provedores especialistas para satisfacer e sorprender o "Xefe" (como internamente a compañía denomina os seus clientes) cunha oferta adaptada ás súas necesidades.