Espárragos con IXP Navarra no campo

Mercadona compra 6.000 quilos de espárrago con IXP Navarra, un 50% máis do que na campaña anterior

30 de abril de 2018
  • O espárrago con IXP Navarra está á venda nos seus establecementos de Navarra, A Rioxa e Áraba.
  • Nos últimos tres anos Mercadona adquiriu 11.800 quilos de espárrago con IXP Navarra.

A aposta de Mercadona polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e mais os vexetais de proximidade, fixo que a cadea de supermercados compre 6.000 quilos de espárrago con IXP Navarra durante esta campaña, que comezou en abril e rematará a comezos de xuño. Isto supón un incremento do 50% respecto da campaña anterior.

Deste xeito, nos últimos cinco anos Mercadona adquiriu 11.800 quilos de espárrago con IXP Navarra ao incrementar as compras deste produto paulatinamente, en relación co seu crecemento en Navarra.

Tal foi a calidade da colleita deste espárrago que, alén de nas tendas de Navarra, está á venda, actualmente, nos establecementos de Mercadona na Rioxa e Áraba.

Esta aposta de Mercadona pola froita e mais os vexetais de proximidade fai que, esta mesma campaña, teña adquirido 1 millón de quilos de alcachofa en Tudela e, no 2017, teña comprado outros produtos frescos na Comunidade Foral, como 4,3 millóns de quilos de cebolas, 2,5 millóns de quilos de endivias, 1,3 millóns de unidades de leituga Batavia e máis de 13.000 anellos.

Todo isto reflicte a importancia que Mercadona lle outorga a traballar conxuntamente co sector primario, para avanzar cara a unha Cadea Agroalimentaria Sustentable. Por iso, mantén acordos estables con máis de 8.600 agricultores, 5.200 gandeiros e 12.000 pescadores.

Mercadona en Navarra

Mercadona conta en Navarra con 11 tendas situadas: 3 en Pamplona (na Avda. Gipuzkoa, Avda. San Jorge e Avda. Sancho el Fuerte) e 1 en Ansoain, Aranguren, Barañain, Burlada, Eguesibar, Lizarra, Tafalla e a propia Tudela, de onde é orixinaria a alcachofa. Todas as tendas suman un cadro de persoal de 574 traballadoras e traballadores, con emprego estable e de calidade.

Do mesmo xeito, ten relación comercial con 714 pemes desta comunidade e no 2017 realizou compras a fornecedores navarros por valor de 394 millóns de euros, un 45% máis do que no ano anterior. Así mesmo, xunto cos fabricantes interfornecedores, investiu 24,5 millóns de euros en Navarra.

Dentro da súa responsabilidade social empresarial doou máis de 208 toneladas de produtos de primeira necesidade grazas á súa colaboración coa Fundación Banco de Alimentos de Navarra, a Fundación Ilundain Haritz Berri, as Hermanitas de los Pobres de Pamplona, o comedor solidario Paris 365 e a Escola Obradoiro de Estella-Lizarra.