Aguacates de Mercadona na árbore.

Mercadona compra 5.700 toneladas de aguacate de Granada e Málaga esta campaña

21 de xuño de 2017
  • O aguacate comercializouse en todas as tendas de Mercadona da Península e as Baleares.
  • Mercadona incrementou en máis dun 40% as súas compras na presente campaña, que arrincou en decembro e finalizou en maio.

A aposta de Mercadona polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e os vexetais de proximidade impulsou que a cadea de supermercados teña comprado na presente campaña máis de 5.700 toneladas de aguacate a produtores das provincias de Granada e Málaga a través do seu interfornecedor Frutas Montosa, un 40% máis que na campaña anterior. Este incremento é froito da compra de 3.500 toneladas de aguacates, destinados á súa venda a granel ou en pack de 4 unidades, e da compra de 2.200 toneladas de aguacates para elaborar as tarrinas de Guacamole de Mercadona, para o que se emprega un aguacate de gran calidade mais de menor calibre.

Nesta campaña, que arrincou no mes de decembro (cando a froita atinxiu os niveis óptimos de maduración e sabor) e rematou a comezos do mes de maio, Mercadona comercializou aguacate procedente de Granada e Málaga en todos os supermercados da cadena na Península e as Baleares.

O aguacate é un froito moi versátil que, polo seu sabor, permite infinidade de combinacións á hora de o introducir nunha receita, quer sexa doce ou salgada quer picante. Ademais, o aguacate ofrece moitas propiedades beneficiosas para o organismo. Un dos beneficios máis recoñecidos do aguacate é a regulación do colesterol grazas ao ácido oleico que posúe. O aguacate achega, alén de auga, proteínas, carbohidratos, fibras, vitaminas, minerais e unha pequena proporción de azucre natural. Actúa como unha boa froita antioxidante xa que é rico en vitamina C e vitamina A.

Na súa aposta polos produtos de proximidade, en 2016 Mercadona realizou compras en España por valor de 16.055 millóns de euros. Concretamente, as compras a fornecedores de Málaga medraron un 3% respecto ao ano anterior, atinxindo os 535 millóns de euros.

Imaxe de cabeceira: Campos do interfornecedor de Mercadona Frutas Montosa, en Valle-Niza (Málaga).