Cereixas na sección de froita e vexetais dunha tenda de Mercadona

Mercadona compra 4.200 toneladas de picotas e cereixas a fornecedores de Estremadura, un 30% máis que no 2016

06 de novembro de 2017
  • O volume de picotas e cereixas de orixe estremeña que ten sido comercializado pola cadea de supermercados na última campaña, supón o 11% da produción total da zona.

A aposta de Mercadona polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e os vexetais de proximidade impulsou que a cadea de supermercados volva mercar este ano 4.200 toneladas de picotas e cereixas en Estremadura, un 30% máis que na campaña anterior.

Durante toda a campaña, a cereixa e mais a picota estremeñas vendéronse na gran maioría dos supermercados de Mercadona do país, incluídos os da propia comunidade.

Quer para Emilio Sánchez, presidente da Agrupación de Cooperativas Valle del Jerte, quer para Domingo Fraile, xerente da empresa Campo y Tierra, “a aposta de Mercadona polo noso produto é moi importante para o sector. Estes acordos son positivos para ambos, porque ofrecemos un bo produto e gañamos en estabilidade”. Este volume de compras foi posible pola calidade do produto e a boa aceptación que tivo por parte dos "Xefes" (clientes) de Mercadona.

Esta aposta de Mercadona pola picota e mais pola cereixa estremeñas súmase á realizada por outros produtos locais que a cadea de supermercados tamén ten estado a apoiar, como son a castaña e a froita de coia (nectarinas, paraguaios, ameixas, etc.).

Mercadona apoia a campaña "Fruta y Verdura de aquí y de ahora" do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente que recomenda o consumo de froitas e vexetais de xeito regular xa que pola súa calidade, sabor e variedade fornecen de vitalidade o organismo.

Mercadona traballa estreitamente co sector primario mediante acordos con 8.000 agricultores, 12.000 pescadores e 4.800 gandeiros e realiza compras en España por valor de 16.055 millóns de euros ao ano.