Patacas de Áraba nun andel de Mercadona

Mercadona compra 290.000 quilos de pataca de Áraba, un 23% máis do que na campaña anterior

19 de abril de 2018
  • Na súa aposta pola froita e os vexetais de proximidade, a pataca de Áraba, con Euskolabel e do fornecedor Udapa S. Coop., vendeuse nas súas tendas de Euskadi e Navarra entre setembro e abril.

A aposta de Mercadona polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e os vexetais de proximidade, provocou que a cadea de supermercados teña comprado 290.000 quilos de pataca de Áraba con Euskolabel durante esta campaña, o que supón un incremento do 23% respecto da campaña anterior. A pataca, do fornecedor arabés Udapa S. Coop, vendeuse nos seus supermercados de Euskadi e Navarra entre setembro do 2017 e abril do 2018, datas de duración da campaña.

No 2017 Mercadona comprou máis de 136.000 toneladas de patacas de procedencia nacional, un 10% máis do que na campaña anterior. Máis do 80% do total das patacas que comercializa Mercadona son de orixe nacional, froito da colaboración con produtores locais de rexións como Euskadi, Castela e León, Castela-A Mancha, Murcia, Comunidade Valenciana, Andalucía, as Baleares e mais as Canarias.

Durante o ano pasado a compañía e os seus interfornecedores continuaron a fortalecer o desenvolvemento da Cadea Agroalimentaria Sustentable de Mercadona (CASPOPDONA) da man dos sectores agrícola, pesqueiro e gandeiro co obxectivo de reforzar e de valorizar o sector primario. En Euskadi, alén dos 290.000 quilos de pataca de Áraba durante a última campaña, mercáronse 5.500 toneladas de peixe fresco das rulas de Biscaia e Guipúscoa, máis de 252.000 unidades de bolo de manteiga e máis de 12.000 pementos.

Mercadona mantén relación comercial con 1.308 pemes vascas e no 2017 realizou compras a fornecedores vascos por valor de 423 millóns de euros, o que supuxo un incremento do 14% respecto do ano anterior. Do mesmo xeito, xunto cos fabricantes interfornecedores, investiu 41,2 millóns de euros en Euskadi.

Mercadona en Euskadi

Mercadona mantén a súa aposta decidida por Euskadi, onde xa conta con 15 tendas (5 situadas en Vitoria-Gasteiz, 3 en Bilbao e 1 en Barakaldo, Basauri, Santurtzi, Donostia / San Sebastián, Eibar, Irun e mais Oiartzun), e un cadro de persoal de 1.382 traballadoras e traballadores con emprego estable e de calidade.

Para alén do anterior, culminou a primeira fase do seu bloque loxístico en Vitoria-Gasteiz, após investir 50 millóns de euros e crear 200 postos de traballo. O bloque, que fornece os supermercados de Euskadi, Navarra, A Rioxa, Cantabria e Burgos, inicia agora a súa segunda fase en que se investirán 15 millóns de euros e se crearán 50 empregos máis.

Dentro da súa responsabilidade social empresarial doou máis de 486 toneladas de produtos de primeira necesidade grazas á súa colaboración cos Bancos de Alimentos de Áraba, Biscaia e mais Guipúscoa, co comedor social Nuestra Señora de los Desamparados en Vitoria-Gasteiz e coas Hermanitas de los Pobres de Bilbao e de Vitoria-Gasteiz.