Limón dispoñible na sección Froita e Verdura de Mercadona

Mercadona compra 21.500 toneladas de limón de orixe nacional para 2020, un 10% máis que en 2019

27 de outubro de 2020
  • Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade, a compañía compra limóns cultivados na Región de Murcia, Comunitat Valenciana e Andalucía.
  • A variedade Primofiori é a que se pode gozar estes meses, e a Verna está no mercado ao longo do primeiro semestre do próximo ano.
  • Frutas Poveda (San José de la Vega, Murcia), Tana (Los Ramos, Murcia), Frugarva (Alhama de Murcia, Murcia,) e Mundosol (Murcia) son os Provedores Totaler desta froita.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ten previsto comprar 21.500 toneladas de limóns de orixe nacional en 2020, un 10% máis que o ano pasado, cando se adquiriron 19.600 toneladas.

Esta produción, que se venden tanto en rede dun quilo como a granel, adquírese ás empresas murcianas Frutas Poveda, Tana, Frugarva e Mundosol con produtos de campos que se sitúan na Región de Murcia, Comunitat Valenciana e Andalucía.

O limón é moi rico en vitamina C, e habitualmente úsase para aromatizar pratos, elaborar zumes, xeados ou sorbetes. Tamén se pode empregar como substituto do vinagre para aderezar ensaladas, en carpaccios ou mariñadas. Igualmente, pódense espremer os limóns e conxelar o zume para futuras utilizacións.

Froitas e verduras de tempada

Mercadona apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”. Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Limón dispoñible na sección Froita e Verdura de MercadonaLimón dispoñible na sección Froita e Verdura de Mercadona.

Logo EActiVate